
A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo patrocina a XXXI edición do Festival de Pardiñas, que terá lugar na localidade lucense de Guitiriz os vindeiros días 7 e 8 de agosto. Así o confirmou o xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina, no acto de presentación do evento.
O Festival de Pardiñas, que se vén celebrando anualmente dende 1980, é un dos festivais de referencia do verán galego e está considerado unha Festa de Interese Turístico Galego. Pardiñas é unha cita moi arraigada, unha tradición importante con proxección en toda Galicia, asegurou o xefe territorial de Cultura.
O coordinador da asociación cultural Xermolos e responsable da organización do festival, Alfonso Blanco, mostrouse moi satisfeito por contar co patrocinio do Xacobeo e agradeceu o apoio non só económico, tamén cultural da Xunta de Galicia. Estar no Camiño norte afirmou- é fundamental para nós.
O programa desta XXXI edición da Feira e Festa da Música e da Arte de Pardiñas inclúe pintura, escultura, literatura, fotografía e, sobre todo, música. Dez artistas e grupos a maior parte galegos, pero tamén chegados de Madrid, Alemaña e Irlanda- conforman un cartel que, en palabras de Alfonso Blanco, reflexa á perfección espírito de Pardiñas: animar a cantar, a bailar, a facer troula. Así, entre os músicos encargados da animación nocturna do festival, destacan o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e as formacións Bellón Maceiras Quinteto, Canteca de Macao e Galegoz.
Actividades para todas e todos
Ademais, aqueles que se acheguen a Guitiriz os vindeiros días 7 e 8 de agosto poderán visitar a XVII Mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional e a XXXI Mostra de Artesanía, que inclúe mostras de pintura, cerámica, escultura e fotografía.
Nesta edición, que, segundo cálculos da organización, atraerá a uns 20.000 visitantes, tamén haberá espazo para a literatura. Así, a tarde do domingo 8 iniciarase co pregón do sociólogo Bernardo García Cendán e contará coa participación dos escritores Xosé Neira Vilas e Marica Campo, entre outros. Eles serán os encargados de entregar os premios do certame infantil de poesía, contos e debuxo no que, este ano, participaron máis de 900 nenos e nenas duns 40 colexios galegos.
Neste sentido, Alfonso Blanco destacou o labor dos máis novos e asegurou que o festival de Pardiñas mantense xeración a xeración, levado adiante pola xente moza. O coordinador da asociación Xermolos xustificou deste xeito o esforzo económico que se fixo este ano para poñer en marcha o festival. Aínda que custe cartos afirmou- produce ledicia, ánimo, festa e unión para tirar adiante.
O patrocinio do Xacobeo é, como apuntou Blanco na presentación do festival, fundamental para facer un festival activo, participativo, como queremos que sexa Pardiñas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.