
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presidiu o Pleno do Consello Galego de Cámaras para a elección do seu presidente e comité executivo que pon o punto e final aos procesos electorais que completan o proceso de renovación das nove cámaras de comercio de Galicia acometido nas últimas semanas.
Javier Guerra trasladou aos presidentes das nove cámaras de comercio galegas e ao novo presidente do Consello Galego de Cámaras, José García Costas, e ao seu equipo os seus parabéns polo proceso electoral e emprazounos a enfrontar con ilusión e con novos retos esta nova etapa, na que hai que levar a cabo unha xestión moderna, áxil, eficaz e próxima ao cidadán para contribuír ao desenvolvemento económico dos sectores produtivos clave para Galicia.
O conselleiro de Economía e Industria apuntou que as cámaras de comercio galegas son aliadas necesarias para a recuperación económica de Galicia, posto que se configuran como ferramentas útiles na xestión e no desenvolvemento das nosas empresas nas súas diferentes etapas de creación, expansión e desenvolvemento.
Javier Guerra destacou tamén a vital importancia da función do Consello Galego de Cámaras como representación da voz unánime das novas cámaras e como interlocutor válido e necesario coa Administración. Por este motivo, salientou, dende a Consellería de Eocnomía e Industria poñémonos a súa disposición para establecer as vías de colaboración que nos leven a encamiñar as iniciativas que xurdan das cámaras e aproveitar todos os instrumentos ao noso alcance para lograr unha cooperación que repercuta dun xeito beneficioso no tecido empresarial e na súa competitividade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.