Buscador
Noticias
A entrega dos premios efectuouse no marco da Festa da Lingua promovida por Ferega co obxectivo de promocionar o uso do galego no ámbito do ensino e na que participan centos de estudantes de diversos centros educativos.
A Secretaría Xeral de Modernización da Xunta de Galicia destina 150.000 euros para que as institucións académicas creen unha plataforma de voto electrónico única e común dirixida ao conxunto da universidade.
Máis de trinta docentes de música de ensino secundario de Galicia mellorarán a partir de hoxe a súa formación grazas ao curso A ópera nos séculos XIX, XX e XXI: últimas investigacións que se imparte ata o 24 de abril.
As conversas cos grupos aspirantes á compra mantéñense con total normalidade, dentro da compartida preocupación polo feito de que a propiedade actual non facilite un acordo que permita un cambio na titularidade e na xestión.
O congreso Unha visión xurídica do Camiño de Santiago reúne en Compostela a responsables da xestión e administración do patrimonio cultural galego, así como a profesionais da xurisprudencia en relación ás Rutas Xacobeas.
O Goberno galego conseguiu preservar os investimentos produtivos e non sacrificar o gasto social a pesar de atoparse cun desfase de 1.200 millóns de euros. A Xunta pechou o exercicio cun déficit do 1%.
A USC súmase este ano á conmemoración do Día das Letras Galegas coa publicación en facsímile do manuscrito autógrafo que Uxío Novoneyra compuxo entre 1952 e 1954 do seu poemario Os Eidos, publicado por Galaxia en 1955.
Un dos obxectivos da nova macrorrexión Galicia-Castela León-Norte de Portugal é coordinar esforzos para negociar a atribución de fondos europeos en futuros marcos financeiros comunitarios. Emerxencias, automoción, educación, investigación e xuventude, eixos centrais.
A Consellería do Mar apoia a divulgación e a promoción dos produtos pesqueiros galegos que 38 empresas e consellos reguladores dos ámbitos da pesca e da produción agroalimentaria presentan no Salón Gourmet de Madrid.
No marco da programación do Xacobeo 2010 veñen de saír á venda as entradas para os concertos que Luz Casal ofrecerá en Pontevedra e Lugo os días 28 e 29 de maio.