Notas de prensa

Docentes de música participan nas xornadas formativas A ópera nos séculos XIX, XX e XXI

Máis de trinta docentes de música de ensino secundario de Galicia mellorarán a partir de hoxe a súa formación grazas ao curso A ópera nos séculos XIX, XX e XXI: últimas investigacións que se imparte ata o 24 de abril.

Máis de trinta docentes de música de ensino secundario de Galicia mellorarán a súa formación grazas ao curso A ópera nos séculos XIX, XX e XXI: últimas investigacións, organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A profesora de Musicoloxía da Universidade de Oviedo, María Encina Cortizo, e o compositor José María Sánchez Verdú, ambos os dous prestixiosos profesionais da materia, serán os relatores desta cita.

Esta actividade de formación para o profesorado constitúe unha oportunidade única para a actualización dos coñecementos nun aspecto que é parte fundamental nos currículos da materia en secundaria e bacharelato, xa que a ópera e as súas diferentes vertentes é un dos ámbitos nos que máis se ten investigados nos últimos anos. Precisamente son estes estudos, que teñen mudado radicalmente o coñecemento que se ten deste xénero, os que aconsellan a realización do curso. Un dos seus obxectivo é pór en valor o papel que tivo realmente a música vocal española no entorno europeo, e a cantidade e calidade do obras, que ata hai ben pouco permanecían esquecidas, a pesares de constituír verdadeiros tesouros do patrimonio artístico europeo.

Fomento da formación continua

Durante as catro xornadas das que se compón o curso -16, 17, 23 e 24 de abril- os distintos expertos analizarán para o profesorado de música de Galicia o alcance das súas investigacións. Deste xeito, os relatorios xirarán en torno á divulgación dos resultados do labor de recuperación e catalogación de máis de 45.000 zarzuelas, dun valor musical incalculable, e un importante número de óperas do século XIX.

Así mesmo, os relatores explicarán o proceso de recuperación da ópera da Restauración así como de da figura dos compositores e as óperas máis importantes –e descoñecidos- da España do século XIX. A importancia deste traballo queda manifesta naqueles títulos que despois da súa recuperación, están a ser estreados e divulgados no resto de Europa, caso da ópera de Ramón Carnicer 'Don Giovanni', que ten sido recuperada, e cuxa importancia fixo que despois fose programada no Festival Rossini de Pesaro, entre outros festivais europeos. Neste mesmo caso atópase tamén a ópera 'Cristorofo Colombo', ou 'La mort du Tasse', que escribiu Manuel García para la Grand Opéra de París.

Ademais, o profesorado participante terá a oportunidade de coñecer e analizar o repertorio operístico contemporáneo, que constitúe un fito fundamental do repertorio mundial.

Relatores de prestixio

As distintas actividades formativas deste curso serán impartidas pola profesora de Musicoloxía da Universidade de Oviedo e responsable da edición crítica e da recuperación de máis de 10 óperas e zarzuelas do século XIX, María Encina Cortizo. Na tarefa docente estará acompañada polo compositor, Premio Nacional de Música e Profesor de composición en Dusseldorf, José María Sánchez Verdú; quen ten ademais estreado 5 óperas, e dado numerosas conferencias en Europa e Hispanoamérica sobre a creación vocal dos séculos XX e XXI.

Coa organización desta actividade, a Consellería de Educación mostra o seu compromiso coa formación continua do profesorado e coa calidade das ensinanzas musicais e artísticas no sistema educativo galego.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES