
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o congreso Unha visión xurÃdica do Camiño de Santiago que se celebrará os dÃas 14, 15 e 16 de abril na Escola Galega de Administración Pública. Roberto Varela asegurou que “fomentar, divulgar e protexer o Camiño de Santiago son as primeiras medidas para garantir o seu futuro. Unha mellora da normativa de protección afectará positivamente ao devir desta ruta universal como realidade humana, patrimonial e económica”.
Segundo o titular de Cultura e Turismo, o Camiño de Santiago “reúne e aglutina un conxunto inxente de fitos culturais que han de ser abordados con sensibilidade patrimonial e paisaxÃstica, perspectiva histórica e rigor tecnocientÃfico”. “Todos estes fitos requiren de nós o máximo compromiso polo valor simbólico e patrimonial que axuntan e que representan unha parte esencial da identidade de Galicia”, afirmou.
Roberto Varela manifestou o seu compromiso para “mellorar a nosa normativa, procurando a precisión terminolóxica, a univocidade, a harmonÃa co resto de normativas nacionais, internacionais e locais, e a adecuación ás novas necesidades sociais que xorden no seo do Camiño”. Para o conselleiro de Cultura e Turismo, a celebración deste congreso servirá para “facer unha peregrinación de coñecemento por un vÃa inédita na programación deste Xacobeo 2010, polo vÃa da normativa da protección dos Camiños na nosa comunidade”.
A EGAP reunirá a moitos dos responsables da xestión e administración recente do patrimonio cultural galego e diversos profesionais especializados na normativa e a xurisprudencia sobre o Camiño de Santiago para analizar a situación da normativa de protección das Rutas Xacobeas. Roberto Varela destacou o feito de que neste congreso “conxúguese a atención ás rutas históricas que conducen ao Apóstolo e a atención ás persoas que humanizan e dotan de significado ao propio Camiño”. Concretamente, LuÃs Vázquez Forno abordará A protección Sanitaria do Peregrino e do Dependente, un traballo que analiza os distintos ámbitos de competencia en materia de saúde e presenta o actual Plan de Asistencia Sanitaria ao Peregrino Xacobeo 2010.
“As achegas que se fagan neste foro de comunicación e diálogo, asà como as conclusións provisionais que se alcancen, servirán para perfeccionar o noso quefacer administrativo e normativo”, resumiu o conselleiro. Na sesión inaugural deste congreso xurÃdico-cientÃfico interviñeron asemade o director da Escola Galega de Administración Pública, Pablo Figueroa; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; a directora xeral da AsesorÃa XurÃdica Xeral, Cayetana Lado; o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás; e a presidenta da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia, Beatriz Allegue.
Congreso XurÃdico
O congreso Unha visión xurÃdica do Camiño de Santiago analizará a situación normativa de protección dos Camiños na nosa comunidade autónoma e a súa reforma. Abordaranse asemade os problemas contenciosos e penais derivados do Camiño e se estudarán todos os ámbitos de xestión dende o punto de vista xurÃdico.
Do mesmo xeito, realizarase unha revisión dos noventa como perÃodo de revitalización xurÃdica da Ruta Xacobea, da protección xurÃdica do peregrino e da Administración creada ao servizo do Camiño de Santiago asà como a regulación do sector turÃstico de Galicia e o estudo do preciso desenvolvemento normativo para a protección do Camiño de Santiago.
O curso está dirixido aos representantes de todas a áreas da administración autonómica e das súas entidades dependentes vinculadas á xestión de materias relacionadas co Camiño de Santiago e representantes doutras administracións públicas (Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas e entidades Locais) implicadas na execución do Xacobeo 2010, alumnos universitarios das titulación relacionadas coas materias a tratar no Congreso, funcionarios de todas as administracións públicas e interesados en xeral.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.