O exemplar, que leva por tÃtulo UxÃo Novoneyra. DÃa das Letras Galegas 2010, presentouse aos medios de comunicación na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na presentación interviñeron a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo; a filla do poeta, Branca Novo Rey; o coordinador do volume, o profesor Anxo TarrÃo; o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre e o director do mesmo servizo, Juan Blanco Valdés.
Cualificado na presentación como unha “xoia bibliográfica”, en UxÃo Novoneyra. DÃa das Letras Galegas 2010, o poeta converte cada composición “nun auténtico e fermoso caligrama” que os editores da USC trataron “coa maior delicadeza para conseguir unha representación fiel nos máis mÃnimos detalles do orixinal, un humilde bloc dos que correntemente se mercan nas tendas de papelarÃas”.
Tal e como se recolle na introdución da obra, o manuscrito contén a base e fundamento primordial do que habÃa ser todo un ciclo poético que o propio poeta comezarÃa a pechar coa edición de Os eidos. Libro do Courel, onde reúne os poemas dÂ’Os eidos (1955) e dÂ’Os eidos-2 (1974).
Branca Novo explicou que Os eidos representa unha “experiencia intensÃsima sobre a terra”, tratando o agoiro da desaparición do espazo rural. Neste contexto e neste exercicio de “recuperación do que somos”, UxÃo Novoneyra explorou “a lingua como única forma de supervivencia”, engadiu a súa filla.
O libro complétase cun conxunto de estudos de diversos profesores do Departamento de FiloloxÃa Galega, entre os que se atopan Jesús Alonso Montero, José L. Forneiro, Blanca Roig, e Mª Xesús Nogueira e Carme Silva. Os traballos recollidos “axudan a comprender mellor o labor literario e cultural de UxÃo Novoneyra”. Tal e como sinala o coordinador do volume, o profesor Anxo TarrÃo, a obra presentada é “o xusto recoñecemento para o poeta que mellor soubo refrear a fervenza das palabras que estas saÃsen xustas e precisas”.
O mesmo TarrÃo define a obra de Novoneyra como un “iceberg poético” que, “deixándonos escoitar tan só unhas poucas palabras, agocha en profundidade un universo do que cada lector terá que tirar o seu propio paraÃso ou inferno, sempre por terras liberadas”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.