Buscador
Noticias
A superficie afectada polos incendios forestais en Galiza durante o primeiro trimestre deste ano reduciuse nun 51,84% con respecto ao mesmo período dos exercicios 97, 98, 2000 e 2005, nos que se rexistraron índices semellantes de escaseza de precipitacións.
Ven de presentarse en Santiago a Rede Virtual do Patrimonio Artístico e Cultural dos centros e asociacións galegas máis importantes da diáspora galega, catálogo virtual que se pode consultar na web da Secretaría Xeral de Emigración (www.galiciaaberta.com). Alí os usuarios atoparán fotografías, vídeos e documentos de doce centros e asociacións de Brasil, Arxentina, Uruguai, Portugal e España.
A Selección Galega de Taekwondo desprazouse a semana pasada a México para participar no Open de México, no que competiron máis de tres mil deportistas e do que voltan cun ouro que gañou Raul Bouzas do Olimpic de Vilagarcía, e tres bronces.
Estase a celebrar no Centro de Cestería da Deputación de Lugo un curso de cestería tradicional de vimbio, impartido por Carlos Fontales, no que os participantes aprenderán a técnica que se conservou en Galicia e no norte de Portugal ata o século pasado.
A empresa compostelana ITINERIS ven de poñer en marcha un parque multiaventura en Boticas (Portugal), a quince minutos de Chaves e a menos de quince kilómetros de Verín, para experimentar emocións sen límites con absoluto respecto ó medio. Esta empresa de turismo activo pretende fomentar entre os visitantes do parque a sensibilidade cara á sostibilidade, o patrimonio e o medio.
Galicia é no ano 2007 a 4ª Comunidade Autónoma con menor porcentaxe de abandono educativo temperán, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Educación e Política Social.
Carmen Rodríguez Acosta incorpórase á delegación de Recursos Humanos. Antonio Rodríguez Penín será concelleiro de Limpeza, Servicios Xerais e Contratación, e Aurea Soto de Gobernación, Patrimonio e Urbanismo.
O alcalde de Celanova fixo chegar unha mensaxe de solidariedade ós seus colegas dos concellos afectados polo terremoto que devastou gran parte da rexión de Abruzzo (Italia) coa que comparte un programa europeo cultural.
As catro celebracións constitúen manifestacións moi arraigadas da cultura tradicional do país e contribúen á conservación dos valores identitarios, según a declaración da Xunta de Galicia.
Piden disculpas a los fieles y lamentan las molestias causadas por el cambio de horario de la procesión de la "borriquita" y la bendición de palmas del Domingo de Ramos que este año se adelantó a las 11.30 horas.