Notas de prensa

Celanova comparte con Abruzzo o proxecto europeo A Ruta das Reliquias

O alcalde de Celanova fixo chegar unha mensaxe de solidariedade ós seus colegas dos concellos afectados polo terremoto que devastou gran parte da rexión de Abruzzo (Italia) coa que comparte un programa europeo cultural.

O alcalde de Celanova, Antonio Mouriño Villar, fíxolle chegar un testemuño de solidariedade ós seus colegas dos concellos afectados polo terremoto que devastou gran parte da rexión de Abruzzo, no centro de Italia, xa que o concello de Celanova participa actualmente xunto con Santo Toribio de Liébana (Cantabria), o municipio francés de Conques e esta rexión italiana nun programa europeo denominado “Ruta das Reliquias”.

Antonio Mouriño remitiulle ó coordinador provincial de cultura de Abruzzo, Enzo Giarnmarino, a seguinte comunicación:

“Estimado Enzo Gianmarino:
Después de haber visto las informaciones que nos llegan a esta rincón de Galicia, de los trágicos sucesos que han azotado a esa provincia de Abruzzo, no puedo menos que transmitirte mi solidaridad personal, representando en ella, la que sin duda os puede hacer llegar todo el pueblo de Celanova, agradeciéndote que trasmitas estas muestras de apoyo emocional a todos los alcaldes de los municipios afectados.
Sin lugar a dudas, el desarrollo común de proyectos socio-culturales como los que emanan de la Europa de las Naciones y en los que nosotros hemos venido colaborando en el marco de los Caminos de Europa y más concretamente en la Ruta de las Reliquias, no hacen otra cosa que estrechar lazos de amistad entre los pueblos y entre sus gentes, de ahí que las tragedias personales o colectivas y, por lo tanto, las emociones, en estos momentos las estemos sintiendo desde Celanova, mucho más cerca.
Con todo nuestro afecto
Antonio Mouriño Villar
Alcalde de Celanova"

A principios do mes de outubro do ano pasado, o alcalde de Celanova asistiu a un encontró que tivo lugar en Santander e onde foi asinado un protocolo de colaboración, xunto co consejero de Cultura de Cantabria, Francisco Javier López, o propio Enzo Gianmarino, da rexión de Abruzzo, o alcalde de Conques, Phillippe Varsi e a presidenta do programa europeo “Caminos de Europa”, María del Carmen Furelos, un protocolo de colaboración que se está desenvolvendo nestes intres e co que pretenden “promover o desenvolvemento turístico e cultural a partir da valorización das reliquias e dos recursos históricos-culturais ligados ós itinerarios dos Camiños de Europa, é dicir, o Camiño de Santiago e a Vía Francígena”.

Como consecuencia desta colaboración xurdiu recentemente a publicación dunha guía turística conxunta que foi presentada o pasado mes de marzo na feira internacional de turismo de Berlín e que está prevista que se presente próximamente tamén en Celanova.

En opinión de Antonio Mouriño, esta traxedia non debe facer, senón, reforzar estes lazos de amizade que se xeneran a través de programas deste tipo, entendendo que a estreita colaboración xurdida a raíz do seu desenvolvemento non fai máis ca demostrar as semellanzas existentes entre localidades que adoitan estar afectadas polos mesmos problemas de despoboación e de paralización económica e que máis que nunca se deben apoiar conxuntamente para poder dinamizar económicamente as súas poboacións.

Gabinete de Comunicación do Concello de Celanova, 2009-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES