A Consellaría de Innovación e Industria valorou as solicitudes efectuadas, e comprobados os requerimentos das declaracións, estimounas favorabelmente e elevou as propostas de declaración de Festas de Galicia de Interese Turístico ao Consello da Xunta.
O concello de Oroso solicitou a declaración da festa da troita como Festa de Interese Turístico. A Festa da Troita vense celebrando dende o ano 1997 no mes de maio, co cal cumpre o requisito das dez edicións esixidas. Este arraigamento maniféstase nunha notable participación dos veciños/as e visitantes, un 30.000 na última edición, o que ponde manifesto o poder de atracción deste evento. Recibe o seu nome da abundancia da boa pesca que se atopa principalmente no río Tambre. Tamén se realizan actividades deportivas, como o concurso de Pesca da Troita, e actividades culturais, ademais das propiamente gastronómicas,
Revisada a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico da Festa do Polbo que formulou o concello de Mugardos, comprobouse que se achegou toda a documentación esixida no artigo 25 do decreto 39/2001. A Festa do Polbo vense celebrando dende o ano 1990 no mes de xullo. No século XVIII Mugardos pode que fose o porto máis importante no norte de Galiza na pesca do polbo. Con esta carga histórica na pesca do polbo, é normal que o polbo constitúa o prato típico da vila , co valor engadido da súa peculiar forma de preparación polbo á mugardesa. A Festa do Polbo ten a súa orixe nunha festa que os veciños de Mugardos celebraban ao final do verán e que popularmente se chamaba A xira ao Baño, na década dos oitenta esta festa pasa a ser organizada pola comisión de festas e xa no ano 1990 o Concello aproba o compromiso de participar na festa e nace así a I Festa do Polbo.
Por outra banda, a Festa do Monte vense celebrando na Guarda dende o ano 1913 na segunda semana de agosto, co cal excede amplamente o requisito das dez edicións esixido pólo Decreto. A festa xurdiu pola iniciativa dun grupo de guardeses (moitos emigrantes retornados), que constituíron unha sociedade destinado ao coidado dun monte tan singular como é o de Santa Tegra. O seu arraigamento maniféstase nunha notable participación de veciños e visitantes (galegos, do resto do estado e de Portugal). Entre as actividades lúdico festivas podemos citar: pasacalles, pregón, obradoiros e espectáculos para nenos, concertos, encontro de bandas mariñeiras, festival roc, gran desfile folclórico tradicional do Monte, romaría no Monte Santa Tegra, etc.
Tamén se informou favorabelmente á solicitude da Asociación Cultural Meiro, responsábel da organización da Festa Degustación do Millo Corvo, e co informe de confirmación de apoio do Concello de Bueu para a declaración da festa como Festa Galega de Interese Turístico. A Festa supón un proceso de recuperación etnográfica, educativa, gastronómica, cultural e socioeconómica cunha singularidade manifesta, pólas actividades desenvolvidas. A Festa do Millo Corvo non só se resume na Degustación celebrada no mes de marzo, senón nunha actividade anual de sementeira, cava e renda, rega, corta e empalleirado, escollada e debullada, muiñada, amasado e cocido levada a cabo na aldea de Meiro e pólos seus veciños.
As festas cumpren os requisitos establecidos no Decreto 39/2001, pólo cal se informou favorablemente a súa declaración como festas de interese turístico.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.