Notas de prensa

Nace A BOTICA DO LAZER, parque de multiaventura

A empresa compostelana ITINERIS ven de poñer en marcha un parque multiaventura en Boticas (Portugal), a quince minutos de Chaves e a menos de quince kilómetros de Verín, para experimentar emocións sen límites con absoluto respecto ó medio. Esta empresa de turismo activo pretende fomentar entre os visitantes do parque a sensibilidade cara á sostibilidade, o patrimonio e o medio.

Se ben está está xa en funcionamento esta iniciativa, a apertura farase de forma progresiva e a inauguración oficial celebrarase o próximo vinte de xuño.

Os primeiros visitantes quedaron sorprendidos polas oficinas de recepción, que evocan a forma dos castros, a fermosura do contorno, a vertixinosa velocidade da tirolina, o corido dos inchables infantiles e sobre todo a variada oferta de actividades de turismo activo por 30€, que é a entrada básica.

Ambientado na época e na cultura dos castros, A botica de Lazer non é somente un parque de aventuras con 133.000 metros cadrados de instalacións con rutas 4x4, hidrospeed a wakeboard, parapente ou zorbing, senón un xeito diferente de ententer o lecer e o tempo libre.

Está minimizado o impacto ambiental integrando ó cen por cento as atraccións e actividades no contorno, utilízanse enerxías renovables, o noventa por cento de actividades non consumen enerxía, a auga reutilízase e o parque é totalmente removible con estructuras fixas que se teñen construído de xeito que sexan versátiles, poidan quitarse facilmente e non queden pegadas no medio.

O tema elexido para a ambientación do parque foi o do mundo castrexo e os habitantes preromanos porque precisamente Boticas é unha das rexións portugesas onde máis pegadas quedaron dos castros e os seus moradores, e foi aquí onde se atopou a imaxe dun xefe guerreiro celta contemporaneo de Viriato, lucindo un toque. Esta escultura, anterior á Dama de Elche, foi utilizada en ocasións como símbolo de identidade nacional, inspirou os personaxes celtas que ambientan o parque e fascinará ós máis pequenos á vez que os familiariza cos nosos tempos prehistóricos.

Por terra, mar e aire

En terra pódense practicar pintball, rutas 4x4 (quad/ buggie/ vehículo 4x4...), escalada (en roca e rocódromo), circuíto de pontes multiaventura, tiro con arco ou actividades de orientación (tradicional e GPS), BTT (bike center). En auga, barranquismo, rafting, hidrospeed, Kayak en augas bravas e augas tranquilas, wakeboard, kitesurf e windsurf. En Aire, pódese subir en globo aeroestático, ultralixeiro, parapente e paramotor. Ademais pódese disfrutar de zorbing, high jumping, looping bike, inchables infantís, actividades deportivas e pre-deportivas, rutas interpretativas no medio e talleres de natureza. Ten, en fin, mini-golf, karting (escola de conducción para nenos), piscinas exteriores e cubertas, pabellón polideportivo, campo de fútbol con césped artificial e palacio de congresos.

O parque estará aberto de mércores a domingo, de novembro a maio e de luns a domingo de xuño a outubro, aínda que as actividades estarán dispoñibles baixo demanda durante todo o ano.

Itineris, 2009-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES