Archivo (4 del 2009)

Buscador

Noticias

A Adega Rosalía de Castro repartirá con motivo da celebración do Día do Libro centos de botellas do seu albariño Rosalía de Castro nas principais librerías galegas nun exemplo de bo maridaxe entre o viño e a literatura.
O novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros Galegos, Trece Lúas, xa está á venda: componse dun libro-CD-DVD que convida a facer unha viaxe no tempo ao longo dun ano e onde cada mes asóciase a unha canción.
Establécese o marco de actuación para colaborar na organización de congresos, cursos, conferencias, exposicións, publicacións e actividades culturais. Tamén colaborarán no asesoramento en investigacións e actividades con fondos de arquivo.
Mellorar a competitividade do comercio local, facilitar a formación dos profesionais deste sector e ofrecer unha oportunidade aos desempregados que queiran traballar nesta área, é o obxectivo das novas actividades no Centro de Emprego.
Do 21 abril ao 5 de maio o colectivo galego “Pallasos en Rebeldía” levará o espírito da risa e do clown a Palestina. Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda embárcanse nesta viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo e igualmente importante como é o de dar apoio ao pobo palestino.
Ferrol inaugurará en outono a súa Casa Solidaria, máis de 1.000 metros cadrados reservados para a Oficina Municipal de Voluntariado, a atención a inmigrantes e o uso daquelas entidades e asociacións que carecen de local propio e traballan no eido da cooperación, o voluntariado e a solidariedade.
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle unha mesa redonda sobre un tema de actualidade no ámbito da comunicación: as redes sociais, que afectan directa ou indirectamente a todos. Celébrase co título de "Redes sociais, facebook, tuenti... A cara oculta dos meus fillos".
A xornalista catalá Rosa María Calaf foi proclamada gañadora do V Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova.
A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o venres 17 de abril, ás 11:00 horas, no CEIP Albino Núñez a Xuntanza Intercultural "Quero coñecerte", que ten como obxectivo fomentar a integración dos alumnos inmigrantes e o coñecemento da cultura dos seus paises de orixe.
50 persoas viaxan polas Rías Baixas e o Salnés, en viaxe organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, dentro da campaña "Descubra Galicia Natural". Outro grupo visitará o próximo sábado a Mariña lucense.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (148)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES