Alà aprenderán a construÃr o hórreo tÃpico galego tradicional tecido con varas e teito de colmo, que servÃa para gardar ferramentas, cereais ou curar queixos, xa que a súa estrutura impide que os animais poidan acceder ó interior.
O hórreo conservouse en Galicia e no norte de Portugal ata principios do século pasado. Na actualidade tan só existen dous artesáns que o fabriquen. Para a elaboración do hórreo, os asistentes ó curso comezan pola preparación da base formada por un marco de madeira de castiñeiro ou carballo para seguir coa fabricación do corpo e co ensamble da estrutura do teito elaborado con palla de centeo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.