
O número de alumnos e alumnas que abandonan o sistema educativo tras a etapa escolar obrigatoria descendeu un 3,5% na Comunidade galega, segundo os últimos datos do Ministerio de Educación, PolÃtica Social e Deporte, correspondentes ao ano 2007, situando a Galicia como a 4ª Comunidade Autónoma con menor porcentaxe de abandono educativo temperán.
AsÃ, as estatÃsticas do Ministerio de Educación indican que en 2007 a poboación de 18 a 24 anos que non tiña completado o nivel de educación secundaria 2ª etapa (educación postobrigatoria) e non seguÃa ningún tipo de educación ou formación era do 22,1%, fronte ao 25,6% do ano 2006, no que Galicia ocupaba o 7º lugar neste indicador. Deste xeito, a Comunidade galega foi a que experimentou un maior descenso do abandono temperá neste perÃodo.
Galicia rexistra pois un Ãndice de abandono inferior ao da media española, que foi en 2007 do 31%, incrementándose asà con respecto ao ano 2006, no que os alumnos e alumnas que abandonaron o sistema educativo despois da educación obrigatoria en España foi do 29,9%.
Accións encamiñadas á mellora do éxito escolar
A ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo desde 2005 distintas medidas que perseguen a mellora dos Ãndices de éxito escolar entre o alumnado galego. Deste xeito, o programa PROA, no que participan na actualidade uns 9.500 estudantes de 157 centros, ten como obxectivo incidir na mellora da aprendizaxe, elevar a motivación do alumnado, e dar reforzo fóra do horario escolar, asà como aumentar a implicación das familias no proceso de ensino.
Do mesmo xeito, este ano académico púxose en marcha o programa de éxito escolar en centros, dirixido ao alumnado de 3º de primaria e 1º e 2º de ESO, en 87 centros de ensino galegos, en virtude dun convenio asinado co Ministerio de Educación, PolÃtica Social e Deporte. Como complemento a esta acción, a Administración educativa galega realiza, en colaboración cos concellos, actividades de fomento do éxito escolar e de prevención do absentismo e o abandono escolar temperán fóra do horario escolar, no marco do Programa de apertura de centros fóra do horario lectivo, que na actualidade se desenvolve en preto de 600 centros de infantil, primaria e ESO de 168 concellos.
Fomento da Formación Profesional
Por outra banda, a ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria aposta pola promoción da Formación Profesional, como vÃa para aumentar a porcentaxe de alumnado que cursa formación postobrigatoria. Para este fin, a Administración educativa galega realiza distintas accións no marco do II Plan Galego de Formación Profesional que xa están a dar os seus froitos. AsÃ, este curso 2008-2009 o número de alumnos de novo ingreso en ciclos formativos incrementouse en case o 3%, sendo este incremento do 3,94% nos ciclos formativos de grao medio.
Entre os programas que desenvolve a Administración educativa destacan as Medidas de orientación, reforzo e apoio (MORA), destinadas ao alumnado que ten dificultades para seguir con normalidade a educación secundaria obrigatoria. Asà mesmo, este curso puxéronse en marcha os novos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), que substitúen aos Programas de GarantÃa Social, e que se dirixen a aquel alumnado que non teña rematada a Educación Secundaria Obrigatoria, de xeito que poida cursar uns estudos e obter un certificado profesional ou ben completar a ESO. O número de programas iniciados son 183, cun total de 2.005 matriculados.
Outras das vÃas para reducir o abandono temperán son o incremento da oferta de ciclos formativos de oferta modular, asà como a educación secundaria para as persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.