O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que o Goberno galego está impulsando a posta en marcha dunha rede de fomento do emprendemento que se baseará na colaboración público-privada. A través da mesma, búscase crear unha estrutura estable de coordinación, presente en todo o territorio, co obxectivo de que calquera persoa, en calquera parte de Galicia, poida acceder á formación, acompañamento ou ao financiamento necesario para o seu proxecto: 'Non se trata de inventar cousas novas, non se trata de inventar ningunha fórmula máxica, senón que se trata de reforzar o que xa vimos facendo. Calquera emprendemento ligado ao territorio vai ser máis sostible, vai xerar máis valor económico e vainos a traer máis vantaxes', destacou o presidente.
Nunca me preocupou o futbol nin os deportes en xeral, pero tiña a idea de que os devotos dun equipo de fútbol se guiaban por principios de amor ás cores, do respecto á canteira... de xeito que o sentimento colectivo da poboación disfrutaba ou se compunxía en razón directamente proporcional á posición do equipo na ta...
A Xunta de Galicia rexeita o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que vén de presentar a dirección da planta de Sargadelos en Cervo, ao tempo que insta á reanudación da actividade canto antes en defensa dos dereitos das persoas traballadoras. Como autoridade laboral, o Goberno galego aprecia incongruencia na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa. Así mesmo, reafirma que como non pode ser doutro xeito velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade que se detecte.
A Consellería de Sanidade publica o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana do 17 ao 23 de novembro, que sinala que a actividade gripal en Galicia segue con intensidade baixa e tendencia crecente. Respecto da semana anterior, rexístrase un aumento na taxa de consultas por gripe en atención primaria dun 40,3 %. Así, esta taxa sitúase en 72,1 consultas por 100.000 habitantes. Produciuse aumento da taxa en todos os grupos de idade, destacando o grupo de 0 a 4 anos cun aumento do 78 %. Os grupos coa maior taxa de consultas seguen a ser o de 0 a 4 anos con 188,4 consultas por 100.000 habitantes. No que atinxe ás áreas sanitarias, incrementáronse as consultas en todas elas, duplicándose o valor na área de Vigo e rexistrando un aumento das súas taxas as áreas de Ourense (96,6 %) e de Lugo (79,3 %).
Creo -no lo sé muy bien-