
O torneiro Aitor Martínez López de Arbina recolleu o seu Premio Produto 2025 pola súa colección Mundos, un traballo que o xurado cualificou de 'grande sensibilidade técnica e potente visión conceptual'. O seu traballo baséase na utilización da materia prima sustentable e coa trazabilidade documentada a través da ferramenta Fortra coa idea de poñer en valor a orixe e a materia da que se dispón no territorio. No ano 2024 Aitor xa resultou gañador do Premio Joven Promesa do Círculo Fortuny, foi finalista do Premio Artesanía de Galicia 2024 e tamén do Premio Produto.
O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia recolleron o Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato, pioneiro en España e no que se fan converxer artesanía e gastronomía co obxectivo de incrementar a singularidade, a exclusividade e o valor engadido das propostas resultantes. Trátase do cuarto galardón que recibe a Fundación Artesanía de Galicia nesta categoría, xa que resultou gañadora nos anos 2023, pola iniciativa Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra nos Pendellos de Agolada; 2016, polo proxecto Enredadas que busca a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas para abrir novos mercados en ámbitos como a moda ou a decoración; e no ano 2012, por conxugar o apoio aos oficios tradicionais cunha aposta pola innovación e adaptación aos novos mercados. Durante a súa intervención, Gabriel Alén destacou que o proxecto Artesanía no Prato se basea en tres axentes moi vinculados ao territorio como é o produto agroalimentario, os cociñeiros e cociñeiras e as pezas de Artesanía de Galicia.
En canto a Sandra Vilas, titular do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela), resultou finalista do Premio Emprendemento pola súa empresa Claudinas, feltros esculpidos e artesanais, especializado no traballo de pezas en feltro. Na súa empresa consegue escalar a produción para grandes marcas como Loewe sen renunciar ao traballo artesanal, e consolida un modelo de emprendemento que une identidade local, excelencia técnica e visión de futuro. A gañadora desta categoría foi a marca Barrikupel, polo seu emprendemento no rural e o emprego de materiais reciclados.
Premios Nacionais de Artesanía
Os Premios Nacionais de Artesanía convócanse anualmente co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán. Constan de 5 categorías: Premio Nacional de Artesanía, Premio Produto, Premio Emprendemento, Premio Promociona Entidades Públicas e Premio Promociona Entidades Privadas.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.