Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 19 de diciembre de 2025
As esperas teñen idade?

Alí está el; sentado á sombra dun carballo que está á beira do camiño que vai desde a estación do ferrocarril de Baños de Molgas ó muíño do Dositeo. Está esperando. Esperando non sabe moi ben que. Non ten idade de esperar, pero espera. Sen saber tampouco moi ben se as esperas teñen idade.
Mentres espera, a música soa nos seus oídos. Agora mesmo escoita "Brazil", na versión de Geoff e Maria Muldaur. Pingas de Orballo Ó mesmo tempo, pensa. Para os pensamentos si que non hai idade. É máis, canto máis vello, máis pensamentos, máis tempo para lembrar. Aínda que, ás veces, e coa súa idade, a súa memoria empeza a ser efémera. Non obstante, aí está o tempo que foi. O tempo futuro sabe tamén que cada vez será máis curto. El sabe que avanza cara a un final. Porque todo ten o seu principio e a súa fin. El tivo un principio. El terá un final.
Alí segue el. Esperando. Escoitando agora "C.R.E.A.M.", pola banda El Michels Affair. E contemplando, pero sen practicamente ver, a unha rula que non lle perde ollo. Ante calquera movemento del, emprenderá o voo. El, como espera tan ensimesmado, non se move. Estará pensando nese tempo que xa tan só lembra ós cachos.
Din que o tempo pasa e todo cambia. O tempo está pasando pero el non se move. Non lle quita ollo á rula, mais nótase ás leguas que nin a ve. Está coas súas cousas, co seu mundo. Un mundo cheo de feitos e experiencias. Un mundo que foi seu. Un mundo que, ás pingas, deixa de ser. Por fin móvese. Ergue e marcha. En silencio. En soidade. A melancolía é o pracer de estar triste.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES