Galicia acada xa o 52 % da cobertura de vacinación fronte á gripe na poboación infantil. Un total de 2.104 nenas e nenos de entre 6 meses e 11 anos inmunizáronse nas xornadas extraordinarias de vacinación organizadas os pasados días 5 e 6 de decembro nos hospitais do Servizo Galego de Saúde. Nesta convocatoria extraordinaria, nos hospitais comarcais vacinouse aos nenos e nenas o venres pola tarde de 16 a 20 horas. O resto de hospitais públicos vacinaron o venres nese horario e, a maiores, na xornada do sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Con estes reforzos da vacinación a Consellería de Sanidade busca incrementar a protección da poboación de Galicia ante á gripe, que se atopa xa en fase epidémica con tendencia crecente desde hai xa varias semanas.
A xurisprudencia do Tribunal Constitucional nunha sentenza de 1986 atribúelle ao Estado "competencia para regulamentar os aspectos básicos relativos ao uso das linguas oficiais. A consecuente cooficialidade éo con respecto a todos os poderes públicos radicados no territorio autonómico, sen exclusión dos órganos depe...
Esta primeira fase abrangue o desenvolvemento, avaliación e posterior compra dunha solución de acceso á información académica e de analítica avanzada de datos para a prevención do abandono educativo, así como dunha solución de asistente virtual baseado en intelixencia artificial. Trátase, pois, de despregar un ecosistema dixital integrado que permitirá dotar o sistema educativo galego de infraestruturas analíticas avanzadas, como plataformas de intelixencia artificial, sistemas de alerta temperá e simulación de escenarios, entre outros, ao servizo do conxunto da comunidade educativa.
O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro 18 de decembro un concderto do artista portorriqueño Gilberto Santa Rosa dentro da programación musical de Concertos do Xacobeo. O artista portorriqueño, recoñecido mundialmente como 'El Caballero de la Salsa' e recentemente nomeado ao Grammy 2026 polo seu álbum Debut y Segunda Tanda, vol. 2, traerá ao Auditorio Mar de Vigo o seu espectáculo Navidades, unha proposta que combina a forza da salsa coa elegancia e a emoción que marcaron toda a súa carreira. A cita do 18 de decembro en Vigo forma parte dunha serie de concertos especiais coa que o artista celebra as festas acompañado pola súa orquestra habitual e unha posta en escena coidada ao detalle.
Antes que ser esclavos