//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
El proyecto se materializa en la firma de un convenio entre la Consellería de Sanidad de la Xunta de Galicia y Red.es.
Se trata de un reconocimiento al esfuerzo por mejorar la relación con los ciudadanos. El premio se entregó en el I Foro de Modernización TIC.
La Consellería de Innovación e Industria ofrece estas herramientas de libre acceso a través del portal www.mancomun.org.
La feria de los inventos ofrece soluciones imaginativas a asuntos cotidianos.
La iniciativa, promovida por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia el 17 de mayo, incluye actividades presenciales y en la Red como concursos y debates. También se da cabida a la iniciativa gallega por el software libre.
El galardón obtenido en la categoría de monográficos sobre cultura, espectáculo, gastronomía y estilo de vida reconoció el trabajo creativo en infografía de la web http://ocaminhoantigo.org/ que recoge aspectos de la realidad gallega.
Finis Terrae se convertirá en un referente mundial de cálculo científico y técnico y favorecerá las iniciativas da e-Ciencia, no sólo para España, sino también para toda Europa.
Presentada pola Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, no curso 'A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital' organizado polo reitor da UDC, Julio Abalde, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, definiu o proxecto da Cidade das TIC como un instrumento de colaboración para reter e atraer talento.
Un dos maiores desafíos na procura dun tratamento contra a obesidade, que afecta hoxe en día a aproximadamente 650 millóns de persoas en todo o mundo, céntrase en actuar sobre os mecanismos que regulan a masa corporal, localizados sobre todo no hipotálamo. Con esta nova estratexia logrouse reverter a obesidade en ratos moi obesos, a pesar de seguir inxerindo unha dieta con elevado contido en graxa.
Pór freo aos estereotipos de xénero e á falla de referentes femininos en ciencia e tecnoloxía son os principais obxectivos de Unha enxeñeira ou científica en cada cole, unha actividade desenvolvida ao abeiro do convenio de colaboración en materia de xénero da USC e o Concello de Santiago que chega en 2021 á súa sexta edición.
O camiño cara á normalización do galego na contorna dixital que promove o Proxecto Nós ábrese paso a través dunha primeira dotación que permitirá o inicio do proceso de deseño e planificación de accións. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Amtega), Mar Pereira Álvarez, informaron sobre o convenio que formaliza a primeira inxección económica do proxecto.
Institucións e universidades americanas e europeas detectaron por primeira vez unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (EEUU) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns ‒protóns e neutróns‒ dos núcleos atómicos acelerados na colisión.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
O Grupo de Tecnoloxías da Información, adscrito ao centro de investigación atlanTTic da uVigo, acaba de facerse cun novo galardón internacional, o primeiro premio do ETSI MEC Hackaton, un certame promovido anualmente polo Instituto Europeo de Normas de Telecomunicación -European Telecommunications Standards Institute- e que se enmarca dentro do congreso internacional Edge Computing World, celebrado en liña desde San Francisco.
A súa firme aposta pola transformación dixital e polas novas tecnoloxías fai á Universidade de Vigo merecedora dun dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021. Estes galardóns, que outorgan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, regresan tras un ano de parón pola pandemia para distinguir o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e empresas.
O informe 'Impacto da dixitalización e da automatización nos sectores económicos de Galicia' pon o foco en que preto do 40% dos empregos da Comunidade Autónoma atópanse nunha zona de risco de automatización entre elevada e moderada. 'A automatización-dixitalización pode axudar a mellorar a produtividade das empresas e das Administracións, e lograr un mundo máis sustentable, eliminando traballos penosos e perigosos e creando novos traballos máis cualificados'.
'É a tecnoloxía máis transformadora xamais desenvolvida pola humanidade, cun impacto sen precedentes en todo o relacionado co social, económico, laboral e de privacidade'. Así define o director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), Senén Barro, a Intelixencia Artificial (IA). Co obxectivo de afondar na IA e no seu marco normativo, o CiTIUS acollerá do 5 ao 8 de outubro unha serie de encontros con expertos que se sumarán á 'Semana Europea pola regulación da IA'.