//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Celebrouse por primeira vez en Vigo en 1990 nos primeiros anos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Agora, 31 anos despois, regresa a Vigo o Simposio Nacional da Unión Científica Internacional de Radio, URSI, o foro de referencia para a comunidade investigadora e tecnóloga de universidades e empresas do sector TIC.
A plataforma de análise CovidPhy facilita a investigadores e unidades hospitalarias que producen secuencias do coronavirus de pacientes con COVID-19, poder aliñalas co xenoma de referencia do SARS-CoV-2 e coñecer as mutacións xenéticas que existen neses xenomas e que poderían ter máis ou menos implicacións na práctica clínica. Así a definen os seus creadores, Antonio Salas e Federico Martinón e o seu grupo de investigación.
Inmuno Power é un libro co que a súa autora, a catedrática da Universidade de Vigo África González quere axudar 'a entender dunha forma sinxela e divulgativa que é o sistema inmunitario, un dos sistemas máis complexos do noso corpo'. Así o explica a propia autora que ao longo de 288 páxinas analiza que é e como funciona o sistema inmune e achega as claves para coidar e protexer 'a primeira liña de defensa do corpo humano'.
O sabor tan característico da mostaza ou do 'wasabi' conforma, en realidade, un xeito de defensa química que algunhas plantas utilizan fronte ao ataque dos seus 'depredadores'. Para logralo, as plantas producen moléculas dese sabor, os chamados glucosinolatos. Non é a única forma de defensa, porque ademais da química, poden desenvolver estratexias físicas en forma de lanuxe ou tricomas.
Publicouse a resolución pola que se incorporan cinco centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), prorrogando ademais a participación no proxecto dos 38 centros educativos que xa o desenvolven. Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, ten entre os seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica.
14 entidades, 400 profesionais traballando cada día nas súas instalacións e un volume de facturación anual conxunta que en 2020 alcanzou os 19 millóns de euros e que este ano agardar superar os 26 millóns. Estas son as grandes cifras que se manexan a día de hoxe na Cidade Tecnolóxica de Vigo, Citexvi, unha entidade que comezou a fraguarse no 2006 e se inaugurou en xullo de 2011
O concepto de bioseguridade fai referencia a toda unha serie de normas e medidas dirixidas a protexer ás persoas dos riscos biolóxicos, químicos ou físicos aos que poidan estar expostas no desenvolvemento das súas funcións profesionais, algo que ata hai pouco parecía cinguirse a ámbitos moi específicos.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, compareceu esta mañá en sede parlamentaria, concretamente na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para facer balance da actividade desta empresa pública durante os últimos anos; un traballo que lle permitiu posicionarse hoxe como a máis moderna, eficiente e sostible de Europa no seu sector.
Diminuír o impacto ambiental e facer máis sustentable a mobilidade urbana constitúe un dos grandes retos da sociedade actual e require do deseño de sistemas intelixentes de transporte como o que desenvolven investigadores da USC, UVigo, UDC e da Universidade Carlos III de Madrid. O proxecto MaGIST procura un sistema intelixente de transporte urbano que permita a incorporación continua de datos e conte con procesos de aprendizaxe automática.
O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galegas. Estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids. A través dos encontros con profesionais TIC, nen@s de 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas como laboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0.