
Isto permitirá, entre outras cuestións, predicir os fluxos do tráfico ou detectar aquelas zonas do espazo urbano nas que exista unha degradación de activos que poida afectar á mobilidade.
No marco deste consorcio, sitúase o subproxecto MAGIST-ELA: Xeoprocesamento a gran escala para análise exploratorio e baseado na aprendizaxe, cuxos investigadores principais son os profesores da USC José Manuel Cotos Yáñez e José Ramón Ríos Viqueira. O obxectivo principal de MaGIST-ELA é o desenvolvemento de técnicas eficientes de procesamento de consultas sobre Data Lakes heteroxéneos moi grandesrepositorios de almacenamento centralizado que conteñen big data de varias fontes nun formato granular e sen procesar e a súa aplicación para a resolución da análise xeoespacial.
MaGIST-ELA utilizará a aprendizaxe automática para a monitorización e predición de fluxos de tráfico, e para a monitorización e predición da calidade do aire. A aprendizaxe automática utilizarase tamén para estimar a degradación do pavimento a partir de datos obtidos de dispositivos móbiles. A continuación, deseñaranse técnicas de almacenamento e procesamento aproximado para dar soporte á análise exploratoria de fontes xeoespaciais. Finalmente, implementará a aprendizaxe automática sobre datos vectoriais e raster mediante o procesamento de conxuntos de consultas.
Cambio de paradigma
Os problemas relacionados co tráfico rodado son unha das maiores preocupacións nas cidades, e por tanto retos chave dos Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS) urbano modernos. Inclúen a análise do fluxo de tráfico rodado e o seu impacto ambiental e a análise da degradación das infraestruturas, explican os investigadores. Neste senso, os avances nas tecnoloxías de sensorización e a implicación dos cidadáns a través de aplicacións móbiles de crowdsensing están a desembocar na produción de cantidades de datos con cocientes de xeración sen precedentes. Identificouse un cambio de paradigma dos tradicionais ITS dirixidos pola tecnoloxía aos modernos dirixidos por datos, que aplican algoritmos de aprendizaxe sobre grandes volumes de datos de sensores, engaden. O Big Data gañou gran interese aquí, implicando importantes retos en todas as capas de software. Moitos destes datos teñen natureza xeoespacial. Tradicionalmente, os datos vectoriais e raster almacénanse e xestiónanse con tecnoloxías distintas, explican. Nesta liña, o chamado Data Lake xurdiu como unha nova arquitectura de almacenamento de datos pero as súas extensións espaciais deseñáronse tendo en mente só os datos vectoriais. Mentres no modelo vectorial as liñas e puntos son os elementos principais do sistema, no modelo ráster, é a cela. A principal diferenza con respecto a un arquivo vectorial é que o arquivo ráster almacena píxel mentres no vectorial almacena coordenadas dos vértices de cada elemento xeométrico.
A pesar dos avances en tecnoloxías de procesamento a gran escala, e mesmo se nos centramos en datos vectoriais, os tempos de resposta necesarios para a análise exploratoria interactiva de grandes conxuntos de datos son aínda inalcanzables. Doutra banda, as implementacións paralelas da aprendizaxe automática teñen favorecido o seu escalamento, pero cun custo e impacto ambiental frecuentemente moi altos, conclúen os investigadores. O subproxecto está financiado ao abeiro do Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad, Ministerio de Economía y Competitividad, PID2019-105221RB-C42.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.