
Fíxoo cun traballo desenvolto en colaboración coa empresa Optare Solutions sobre softwarización das redes e as redes 5G.
Este recoñecemento permítenos demostrar que seguimos sendo un dos grupos punteiros a nivel mundial en distintas tecnoloxías relacionadas co 5G, explica o profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Felipe Gil, un dos investigadores implicados neste proxecto. Xunto a el formaron parte deste traballo os tamén investigadores do Grupo de Tecnoloxías da Información Rubén Pérez Vaz e José Antonio Álvarez Fernández, así como Santiago Rodríguez e Xosé Ramón Pousa, de Optare Solutións, firma coa que adoitan colaborar. O obxectivo da competición era demostrar novas aplicacións e servizos innovadores que se poden construír utilizando as APIs para MEC do propio Instituto Europeo de Normas de Telecomunicación, é dicir, aplicacións e servizos despregados no edge ou periferia dunha rede de comunicación 5G de cara a conseguir implementar solucións que noutro caso non serían viables debido aos requisitos de latencia, ancho de banda, etc.
Respondendo aos principais retos da videovixilancia mediante drone
A proposta que presentaron e que, finalmente, resultou gañadora consistiu nunha solución de intelixencia artificial no edge que permite procesar o vídeo enviado por un drone, tomar decisións e actuar sobre el para que se desprace seguindo algún elemento ou persoa detectado ou realizando algún outro tipo de acción.
A flexibilidade proposta pola nosa solución facilita a integración de novas técnicas de Intelixencia Artificial que responden a un dos principais retos da videovixilancia mediante drone, detalla Felipe Gil. Por outra banda, o proxecto permite tamén a extensión das funcionalidades básicas dos drones proporcionando un servizo máis escalable, dinámico e adaptativo, podendo así ofrecer servizos de vixilancia específicos en función do obxecto detectado inicialmente e das súas características (natureza do obxecto, localización, etc.).
En 2019 xa conseguiran un 2º premio neste mesmo hackaton
No ano 2019, outro equipo do GTI e Optare xa participara neste mesmo hackathon, acadando o segundo premio. Nesa ocasión, a convocatoria realizárase a nivel europeo e o equipo tivera que acudir presencialmente a Londres e facer unha demostración en vivo ante o xurado do certame. O traballo premiado nesa ocasión fora un demostrador para a Industria 4.0 no que o xurado valorara non só o correcto funcionamento do sistema, senón tamén a claridade da explicación dos seus obxectivos, a súa integración nas plataformas dos provedores e, finalmente, o correcto uso dos estándares da ETSI.
Neste sentido, Gil, que tamén formou parte dese equipo gañador que acudiu a Londres en 2019, destaca que gañar este tipo de premios supón un incentivo que os motiva para seguir traballando e son tamén unha boa forma de darse a coñecer entre a comunidade investigadora e a sociedade en xeral.
Nesta edición de 2021 os outros finalistas foron equipos das empresas tecnolóxicas Telcaria e Wipro.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.