//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro, Pere, a 1 de xaneiro de 2022, que ven a evidenciar novamente que o número de galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender, mantendo así a tendencia que se ven experimentando dende fai varios anos. Deste xeito, o número de emigrantes galegos volve baixar un ano máis, como nos últimos sete anteriores, mentres a poboación galega que reside no exterior segue a incrementarse, ata alcanzar os 529.038, 5.182 máis que no 2020.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.589 deles 4.201 son da área da Coruña, 2.386 da de Lugo, 2.705 da de Ourense, 2.084 da de Pontevedra, 3.497 da área de Vigo, 3.116 da de Santiago e 1.508 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 360 en unidades de hospitalización e 19.203 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 501.002 persoas curadas, rexistrándose 3.162 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.743.450. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.597.590.
O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona incluirá nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22. A programación do festival contará ademais con 7 desafíos extremos levados a cabo neste período por distintos artistas en lugares emblemáticos das 7 grandes cidades. As urbes galegas converteranse en capitais mundiais do ilusionismo e acollerán tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo. A iniciativa ten unha parte solidaria con espectáculos previstos nas plantas de Pediatría dos principais hospitais galegos aos que se desprazarán os propios artistas para facer partícipes do festival e achegar a ilusión aos cativos ingresados.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.483 deles 4.144 son da área da Coruña, 2.372 da de Lugo, 2.802 da de Ourense, 2.138 da de Pontevedra, 3.394 da área de Vigo, 3.105 da de Santiago e 1.445 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 352 en unidades de hospitalización e 19.105 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 499.030 persoas curadas, rexistrándose 3.157 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.740.047. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.597.137.
A Xunta de Galicia e as principais entidades dedicadas á protección da infancia traballan para garantir a identificación e protección dos menores que cheguen de Ucraína fuxindo da guerra. O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, celebrou un encontro con representantes de Unicef, Cruz Vermella e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) para sentar as bases dunha acción conxunta para garantir a identificación de todas as nenas e nenos que cheguen á nosa Comunidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.441 deles 3.899 son da área da Coruña, 2.355 da de Lugo, 2.806 da de Ourense, 2.327 da de Pontevedra, 3.507 da área de Vigo, 3.268 da de Santiago e 1.193 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 323 en unidades de hospitalización e 19.091 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 492.980 persoas curadas, rexistrándose 3.145 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.730.334. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.576.166.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.561 deles 3.814 son da área da Coruña, 2.226 da de Lugo, 2.655 da de Ourense, 2.207 da de Pontevedra, 3.319 da área de Vigo, 3.147 da de Santiago e 1.113 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 351 en unidades de hospitalización e 18.182 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 492.002 persoas curadas, rexistrándose 3.141 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.726.963. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.566.418.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.856 deles 3.385 son da área da Coruña, 2.021 da de Lugo, 2.381 da de Ourense, 2.052 da de Pontevedra, 3.082 da área de Vigo, 2.922 da de Santiago e 938 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 386 en unidades de hospitalización e 16.439 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 489.780 persoas curadas, rexistrándose 3.136 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.719.926. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.559.853.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.725 deles 3.387 son da área da Coruña, 2.002 da de Lugo, 2.257 da de Ourense, 2.070 da de Pontevedra, 3.077 da área de Vigo, 2.930 da de Santiago e 928 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 16.294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 488.152 persoas curadas, rexistrándose 3.127 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.717.400. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.558.541.
Galicia viviu un inverno moi cálido e seco durante o que se rexistrou a menor cantidade de precipitacións da última década, xa que hai que remontarse ata o ano 2012 para atopar rexistros de chuvia aínda máis baixos. Así se conclúe no resumo do informe elaborado por MeteoGalicia sobre o inverno climatolóxico, que abrangue os meses de decembro, xaneiro e febreiro e ten en conta os datos recollidos nas estacións máis representativas da Comunidade así como a súa evolución durante o período de referencia 1981-2010. No que respecta ao comportamento das temperaturas, o trimestre foi moi cálido, algo ao que contribuíu sobre todo un decembro no que tanto as máximas como as mínimas se mantiveron en valores elevados durante case todo o mes.
Un dos proxectos de investigación que está a recibir financiamento do programa de micromecenado da USC Sumo Valor é o liderado polo físico Jorge Mira, un dos poucos beneficiados en Galicia polo Fondo COVID-19 do Instituto de Salud Carlos III. O seu grupo está a traballar na predición dinámica de escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo. O obxectivo é predicir cal vai ser o avance da pandemia, co fin de poder anticiparse e poder tomar as medidas de prevención necesarias.
Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, no marco do proxecto de investigación Predico (Predición dinámica de escenarios de afectación por covid-19 a curto e medio prazo), lograron desenvolver un novo modelo matemático co que avaliar como manter o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio e a necesidade de reabrir as economías.
José Ramón Ónega faleceu este domingo. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009. Feijóo tense referido a José Ramón Ónega como o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid e incidiu en que formaba parte desa ampla lexión de galegos que souberon galeguizar Madrid. Tamén valorou o seu esforzo por converter a Casa de Galicia nunha casa coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces na nosa terra.
A Comunidade galega viviu un mes de xaneiro moi frío e húmido, debido ao paso de sucesivas borrascas, cinco das cales foron nomeadas. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que o primeiro mes de 2021 quedou caracterizado por dúas partes moi diferentes: as primeiras semanas foron moi frías, pero en xeral secas; mentres que na segunda quincena se rexistrou a continua chegada de borrascas, que provocaron chuvias xeneralizadas.
O rol dos super-contaxiadores como catalizadores perfectos da pandemia por mor da COVID-19, acaba de ser subliñado polos profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón na revista Science. Responsabilizar a unha cepa do caos que estamos vivindo é unha enorme simplificación do algoritmo da pandemia, apuntan os científicos logo de analizar máis de 166.000 xenomas completos do coronavirus.
O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da COVID-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acortado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía.
O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta.
Analizar a relación entre os coñecementos, actitudes e prácticas docentes do profesorado de ESO relativas á igualdade de xénero, a diversidade sexual e cultural e as situacións de bullying experimentadas polo seu alumnado. Este é o obxectivo do proxecto de investigación Bullying, heteronormativa e etnocentrismo: o rol do profesorado de Educación Secundaria (Bullherprofes), posto en marcha pola Universidade de Vigo e no que participarán 1000 docentes e 2000 estudantes de diferentes puntos da xeografía estatal.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o seu simposio anual dedicado nesta edición baixo o lema Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas que se desenvolverá de xeito virtual o vindeiro 8 de febreiro. Este foro que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021.
A vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña, presentou este martes, de xeito telemático, a XI edición do programa Explorer Jóvenes con Soluciones, unha iniciativa de emprendemento universitario que promove o Banco Santander e dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).