//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Xunta de Galicia anunciou o despregamento do programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ao conxunto da comunidade galega. A folla de ruta inclúe un programa de cribado destinado ás máis de 621.000 mulleres galegas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre poboación galega. En decembro do ano 2020, a Consellería de Sanidade iniciou a planificación do Programa galego de detección precoz do cancro de cérvix e, recentemente, vén de concluír a primeira pilotaxe deste cribado, levada a cabo no distrito centro da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.573 deles 2.131 son da área da Coruña, 1.092 da de Lugo, 1.247 da de Ourense, 1.072 da de Pontevedra, 1.792 da área de Vigo, 1.553 da de Santiago e 676 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 574 en unidades de hospitalización e 8.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 598.798 persoas curadas, rexistrándose 3.480 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.893.796. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.656.778.
A Consellería de Sanidade vén enviar as mostras de dous novos posibles casos da enfermidade da varíola do mono ao Instituto de Saúde Carlos III. Até o de agora, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunicou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, un total de tres posibles casos de infección, todas elas á espera dun diagnóstico definitivo. Nomeadamente, o pasado venres Sanidade enviou a Madrid as mostras da primeira das persoas que presentou na nosa comunidade un cadro compatible coa definición da varíola do mono. Nas últimas horas, o departamento sanitario da Xunta comunicou dous novos posibles casos e remitiu as mostras ao Instituto de Saúde Carlos III, para que estas sexan avaliadas nos seus laboratorios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.987 deles 2.474 son da área da Coruña, 1.499 da de Lugo, 1.638 da de Ourense, 1.283 da de Pontevedra, 2.217 da área de Vigo, 1.966 da de Santiago e 896 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 630 en unidades de hospitalización e 11.330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 593.420 persoas curadas, rexistrándose 3.464 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.888.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.654.873.
A Consellería de Sanidade vén de activar un protocolo para que todos os profesionais sanitarios de Galicia teñan claros os criterios para identificar posibles casos de varíola do mono. De feito, esta mesma mañá detectouse un caso sospeitoso, que xa se remitiu ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno central. Trátase dunha persoa, que non está hospitalizada, e que presenta clínica compatible coa definición de caso distribuída pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, á espera de recibir o protocolo definitivo por parte do Ministerio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.627, deles 2.449 son da área da Coruña, 1.447 da de Lugo, 1.611 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.139 da área de Vigo, 1.832 da de Santiago e 881 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 642 en unidades de hospitalización e 10.958 no domicilio.
A implantación de tres novas vacina gratuítas sitúa a Galicia como a comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo. A vacina da meninxite B administrarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina do virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso a todos os varóns de 12 anos, co fin de acelerar os beneficios globais na loita contra a transmisión deste virus e na mesma dirección que o plan da OMS para eliminar os cancros producidos polo VPH.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.458, deles 2.413 son da área da Coruña, 1.394 da de Lugo, 1.559 da de Ourense, 1.278 da de Pontevedra, 2.089 da área de Vigo, 1.787 da de Santiago e 923 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 694 en unidades de hospitalización e 10.742 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 591.848 persoas curadas, rexistrándose 3.449 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.884.053. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.653.576.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.023, deles 3.072 son da área da Coruña, 2.070 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.588 da de Pontevedra, 2.714 da área de Vigo, 2.356 da de Santiago e 1.192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 708 en unidades de hospitalización e 14.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 583.117 persoas curadas, rexistrándose 3.407 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.876.997.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.609, deles 2.974 son da área da Coruña, 2.029 da de Lugo, 2.025 da de Ourense, 1.581 da de Pontevedra, 2.575 da área de Vigo, 2.258 da de Santiago e 1.151 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 están en UCI, 741 en unidades de hospitalización e 13.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 582.151 persoas curadas, rexistrándose 3.402 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.874.752. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.650.351.
Un grupo de 35 alumnos de BAC dos institutos Ollos Grandes e Lucus Augusti, de Lugo, e Xelmírez II, de Santiago, permanecerán hoxe e mañá en Porto para participar en obradoiros formativos incluídos no proxecto europeo Phereclos baixo a supervisión do grupo de innovación educativa XuvenCiencia e de profesorado da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, así como de responsables da Universidade de Porto.
O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, e estableceu o nivel alto para Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.
O Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago pretende, baixo o lema Ameazas e alianzas, afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo. Entre os días 27 e 30 de outubro, a Facultade de Filoloxía será o escenario no que se respondan cuestións como que pensan as comunidades locais sobre os Camiños; como afectou ao seu modo de vida; ou cal é a imaxe que sobre o visitado ten quen visita.
Ti si que es un bo peixe emprega unha linguaxe próxima ao público ao que vai dirixida e tamén a música como código de comunicación pois unha das pezas desta iniciativa é unha canción con letra e un ritmo fáciles de memorizar. Outro dos elementos protagonistas é o material didáctico, como as siluetas de peixes, que serve para que as rapazas e rapaces aprendan a coñecer e diferenciar as distintas especies de peixes e mariscos.
A USC sitúase un ano máis entre as 500 mellores universidades do mundo, segundo a clasificación elaborada polo Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecido popularmente como ránking de Shanghai. A institución compostelá atópase no intervalo 401-500 das mellores universidades a nivel mundial e no 9-12 de entre as 39 institucións pertencentes ao Estado español que salienta a listaxe.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a apertura do prazo para solicitar o Bono Coidado, unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais que teñan as familias durante todo o ano. Ademais, este ano engádeselle unha novidade a este programa, a axuda para sufragar as necesidades das familias galegas en períodos de vacacións escolares.
Segundo estimacións de especialistas, o 12% das enfermidades en todo o mundo son de orixe mental, cifra que ascende ao 23% nos países máis desenvolvidos. Os trastornos depresivos serían a terceira causa principal de enfermidade e as estimacións indican que poderían acadar o primeiro posto en 2030. Partindo deste escenario, a USC xunto coas universidades de Trento (Italia), do Minho (Portugal) e Adam Mickiewicz (Polonia) desenvolveron o proxecto SOS-Digital.
Presentouse o Festaclown 2021, que un ano máis converterá Vilagarcía na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto. Un ano máis, as protagonistas serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno ou Assircópatas. Completan a programación grandes nomes a nivel estatal e internacional como Tchyminigagua, Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty.
Manuel Rama Caamaño desenvolveu na súa tese diferentes metodoloxías que permiten avaliar a sustentabilidade de sistemas urbanos e identificar os principais puntos febles con respecto a un desenvolvemento sostible. A investigación aborda unha cuestión de actualidade polo crecemento exponencial nas últimas décadas da poboación urbana, ata alcanzar o 66 % do global.
Nenos e nenas do CEIP Espiñeira (Aldán), traballando conxuntamente con escolares do val de Aosta italiano ao igual que o fan estudantes da illa croata de Korkula con rapaces dunha aldea de Chipre... O proxecto europeo Green SEEDS ten como obxectivo contrarrestar o risco de illamento das pequenas escolas rurais a través do debate e o traballo conxunto entre profesorado e alumnado de centros situados no rural, en illas ou en montañas de cinco países do sur de Europa.