Notas de prensa

Ãbrese o prazo de convocatoria para solicitar o Bono Coidado para axudar á conciliación das familias durante todo o ano

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a apertura do prazo para solicitar o Bono Coidado, unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais que teñan as familias durante todo o ano. Ademais, este ano engádeselle unha novidade a este programa, a axuda para sufragar as necesidades das familias galegas en períodos de vacacións escolares.

Como nos anos anteriores, co Bono Coidado poderá solicitarse a contratación dun servizo de conciliación no caso de enfermidade do neno ou do coidador habitual, para cuestións de carácter laboral ou para outro tipo de situacións nas que se precise, sempre e cando sexan xustificables. Neste senso, grazas á novidade engadida este ano, ofrecerase unha axuda durante o verán para a contratación dunha persoa ou para acudir a centros autorizados como ludotecas, espazos infantís ou servizos semellantes, sempre que ambos os dous proxenitores acrediten que, por motivos laborais, non poden facerse cargo da atención do neno de ata 12 anos na época de vacacións escolares.

1,8 millóns de euros

A Xunta de Galicia investirá nesta axuda 1,8 millóns de euros, ampliables en función das solicitudes. Cómpre destacar que tamén se atenderán as necesidades de conciliación rexistradas desde o 1 de xaneiro do 2021.

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custe do servizo. Así e todo, a contía máxima da axuda será de 500 euros por unidade familiar no caso da contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno no caso de asistencia a servizos de conciliación.

Xunta de Galicia, 2021-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES