
Este foro dispón de catro modalidades de participación: presentacións de comunicacións, paneis, proxectos ou participación sen comunicación. O primeiro prazo para a recepción de propostas remata o 3 de setembro. A inscrición no congreso organizado pola Rede Galabra poderá realizarse entre os días 10 e 25 do mesmo mes.
A partir da década dos 80 do século pasado, os Camiños de Santiago experimentan unha nova visibilidade internacional, explican dende o comité organizador. O interese das entidades públicas de Galicia por promover o turismo e a imaxe do territorio, unha nova dinamización da construción (tamén en termos de identidade) europea (da actual UE); ou, aínda no cadro da Guerra Fría, a activa intervención de promoción da Igrexa católica, fixeron que con data emblemática no evento Xacobeo de 1993 os Camiños de Santiago pasaran a converterse nunha realidade moi presente en numerosos territorios peninsulares e europeos atravesados pelos diferentes itinerarios, engaden.
Neste senso, o foro servirá para afondar en se o fluxo de persoas peregrinas aumenta a autoestima e reforza a identidade propia das comunidades ou, se pola contra, conforma un elemento perturbador. O congreso tamén se erixe nun marco acaído para profundar en se os Camiños conforman un incentivo para a economía e a produción local. Estas e moitas outras preguntas pretenden ser obxecto de análise nun momento crucial, explican, pola dinámica xerada polos Camiños nos últimos trinta anos e pola situación pandémica.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.