//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o Novo Rexurdimento dunha Comunidade que, grazas ao esforzo dos galegos que a construíron desde dentro e desde fóra, pasou de ser unha terra de despedidas a unha terra de benvidas.
Na entrega en Barcelona dos Títulos de Excelencia Galega 2023 da Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña, Rueda incidiu na Estratexia Galicia Retorna como unha aposta de país, modelo a seguir polo resto de comunidades para que os galegos do exterior teñan facilidades para regresar a estudar ou traballar en Galicia.
O Consello da Xunta acordou manter a bonificación adicional do 50 % no transporte público autonómico ata xaneiro de 2024, `prorrogando durante seis meses máis, os descontos que vén aplicando desde setembro de 2022. Seguirá, xa que logo, achegando o 20 % da bonificación total.
Esta bonificación do 50 % continuará a aplicarse no transporte interurbano de competencia autonómica, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol xa que os servizos se prestan con concesións da Xunta e no transporte de ría entre Vigo e Cangas e Moaña.
O Consello da Xunta nomeou o xoves como novo director da Axencia de Turismo de Galicia a Xosé Manuel Merelles Remy. Nado na Rúa (Ourense), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no
ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama.
Estanse rexistrando importantes avances no desenvolvemento do proxecto GIFT -Green Infrastructure for Forest and Trees- de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde.
Esta infraestrutura está concibida como unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da natureza e beneficien ás poboacións da contorna.
O carácter innovador do GIFT, a desenvolver os vindeiros catro anos, reside no seu enfoque integrado coas políticas sectoriais, a súa conectividade e as medidas de recuperación da biodiversidade.
A Xunta fai fincapé na importancia de contar coa implicación da cidadanía na aposta polo fermosismo para poñer en valor entre todos as diversas paisaxes que conviven en Galicia.
Así o salientou a responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez, durante unha visita a Coristanco para ver o resultado da rehabilitación dun muíño de auga privado que contou cunha axuda para a corrección de impactos paisaxísticos.
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Emigración para o programa de lecer "Conecta Voluntariado Galicia" para que 20 mozos e mozas galegas residentes no exterior, de entre 21 e 30 anos poidan coñecer Galicia a través de actividades que se desenvolverán no campo de voluntariado de Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo, entre o 8 e o 19 de setembro.
O programa realízase coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude, así como coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe abrir o periodo de exposición pública do anteproxecto de Lei do clima de Galicia, unha normativa que busca 'darlle rango de legal ao compromiso de que Galicia sexa unha comunidade climaticamente neutra en 2050', é dicir, 'que as emisións queden neutralizadas grazas á capacidade de absorción que podemos ofrecer'. Para conseguir esta meta, Rueda explicou que se vai traballar para 'reducir nun 57% as emisións de efecto invernadoiro ata 2030', para que as accións vencelladas ao clima 'sexan un eixo prioritario en todas as políticas da Xunta' e garantir o equilibrio entre 'acadar estes obxectivos e o fortalecemento da actividade económica'.
O Mapa de Radon de Galicia acadou as 6.080 medicións en vivendas galegas tras unha nova ampliación feita polo Laboratorio de Radon de Galicia da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, dirixido polo profesor Juan Miguel Barros Dios. Os resultados da actualización do mapa foron presentados este xoves 22, en rolda de prensa, polo catedrático da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Alberto Ruano Raviña, quen deu conta de como o 70% do territorio galego está afectado por concentracións elevadas deste gas. O mapa evidencia que o radon, canceríxeno humano que está asociado causalmente co cancro de pulmón, supera os límites recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) nun 18% dos fogares galegos analizados.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron na reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para 2023. Este órgano, que está operativo desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade galega, co fin de sumar sinerxías e anticiparse aos lumes. A xuntanza serviu para avaliar as principais novidades no dispositivo, como son a creación dunha unidade especializada en grandes lumes, a posta en marcha de tres novas brigadas públicas helitransportadas ou a ampliación da rede de videovixilancia.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, votaron en contra dunha folla de ruta incompleta e inacabada para a mellora da atención temperá en España. Os dous conselleiros participaron por videoconferencia no pleno conxunto do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e do Consello Territorial de Servizos Sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia.
Do 24 de febreiro ao 5 de maio, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá a celebración da acción formativa 'Jean Monnet O Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas'. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco deste documento, que guiará a acción ambiental no ámbito europeo nos próximos anos.
O proxecto Innovatia 8.3, impulsado por USC e Instituto das Mulleres, avanzou este martes 24 resultados preliminares do estudo Indicadores de xénero no emprendemento de I+D+i no que se recollen datos dunha ducia de institucións universitarias do conxunto de España. Segundo este primeiro avance o 6% das persoas que participan nunha spin-off son mulleres.
A contaminación lumínica é un problema medioambiental ao que se debe facer fronte a través de medidas nas que a luz sexa abordada como un auténtico contaminante para o ceo nocturno, tal e como sucedeu, por exemplo, coa Clean Air Act, unha iniciativa lexislativa destinada a acometer a polución do aire nos Estados Unidos. Esta
Todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar ós seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa coa que a institución académica viguesa busca recoñecer o bo traballo das persoas que se dedican á localización de videoxogos, é dicir, a conseguir trasladar un videoxogo da súa lingua orixinal a unha lingua meta.
Unha pescuda no arquivo familiar para reescribir a xenealoxía feminina ou un dicionario feminista de termos cinematográficos para o profesorado de bacharelato son dous dos traballos gañadores da novena edición dos Premios Egeria. Trátase duns galardóns que convoca a Unidade de Igualdade co obxectivo de fomentar a introdución da perspectiva de xénero.
Identificar e clasificar os principais tópicos da desinformación e medir a súa incidencia na xestión das corporacións públicas son os obxectivos centrais do proxecto 'Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital (Fakelocal), un estudo coordinado dende a UVigo, e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Do 28 ao 30 de abril, o FIV acollerá este ano a décimo sexta edición da primeira cita musical da tempada que se celebra en Vilalba (Lugo). O pasado mes de decembro anunciouse a primera metade de confirmacións do cartel e esta mañá desvelouse o resto de artistas que protagonizan unha das programacións máis completas ata a data.
Gadis leva máis de 20 anos enriquecendo Alimentes, programa educativo para fomentar a alimentación saudable, a actividade física, o consumo responsable e evitar o desperdicio alimentario desde a infancia, e que retoma as visitas presenciais en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Barbanza, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca e Valladolid.
As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo amplían a súa colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, asinou unha addenda ao convenio subscrito con ambas institucións académicas en marzo de 2020.
Investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo veñen de avaliar nun estudo o impacto das medidas para favorecer a conciliación laborar e familiar das familias numerosas durante 2022, tomando como exemplo políticas de varias comunidades autónomas e países como Francia ou Alemaña.