
O FIV abre a tempada do calendario festivalero, e faino ao grande cun exquisito cartel que aúna bandas e artistas de primeira liña do panorama indie nacional e galego como Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, a Banda de Música de Vilalba, Los Malinches, Berta Franklin e as sesións dj a cargo de Akkan, Ocho y medio DJs, Jus KnoÂ’, asà como a proposta infantil de Gramola Gominola. Quince propostas que chegarán na primaveira a este festival para presentar as súas novas cancións, novos discos e mesmo estreando material a piques de saÃr.
Vilalba gozará durante esa fin de semana das diversas actuacións e actividades, que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Emerxente-, e no Campo da Feira -o Escenario FIV-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas.
O FIV, como proxecto do Concello de Vilalba, volve a a.postar pola mellor música indie do panorama nacional, destacando a importancia e o protagonismo de Vilalba como escenario principal dunha nova edición. Tamén supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego e un grande impulso na promoción turÃstica.
O festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo. A Deputación de Lugo, Grupo Entrepinares e Gadis tamén forman parte dos patrocinadores oficiais do FIV 2023, que continúan apostando por este formato.
Os abonos continúan á venda a través da web https://fivdevilalba.coma a un prezo de 38€ (+g.x.) tras esgotarse os dous primeiros tramos e máis adiante, daráse a coñecer información de interese respecto a zona de acampada habilitada e o transporte dispoñible dende outros puntos de Galicia.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.