
Ourense, con 798 medicións, é a provincia que obtén unha porcentaxe máis alta de vivendas que superan o límite de radon establecido pola OMS e que se sitúa nos 300 bequerelios por metro cúbico (Bq/m3) cun 23,2% de vivendas afectadas. Séguenlle Pontevedra con 2.000 medicións e o 21% de vivendas afectadas, A Coruña con 2.630 medicións e 16,1% de fogares que superan o límite recomendado, e no último chanzo sitúase Lugo cun 10,7% e 652 medicións.
Esta ampliación segue situando a Galicia coma a comunidade autónoma con mellor caracterización deste gas nas vivendas, sinalou o profesor Ruano, en comparación co Mapa Nacional de Radon do Consello de Seguridade Nuclear, o cal abrangue 12.000 vivendas pertencentes ao conxunto do territorio estatal. Na elaboración deste Mapa tamén colabora o Laboratorio de Radon de Galicia, quen realizou medicións nun total de once provincias. Para ter unha idea da minuciosidade do caso galego, o profesor Ruano lembrou como o mapa de radon portugués conta con 3.500 medicións, malia existir casos máis exhaustivos como o de Reino Unido con máis de 600.000 vivendas estudadas.
Instrumento vivo
Para o profesor Ruano, o mapa é un instrumento vivo que sempre é susceptible de mellora polo que dende o Laboratorio, pertencente ao Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS), fan un chamamento para que todas as persoas que desexen participar e que vivan nunha zona na que se precisen medicións, se poñan en contacto co equipo investigador no enderezo electrónico laboratorioradon.galicia@usc.es
O Mapa, que no ano 2019 contaba con 4.300 medicións, o que supón un incremento de 1.780 vivendas, fíxose en base municipal e, na actualidade, segue ampliándose pero en base ás seccións censuais dos municipios galegos. De feito, todos os concellos galegos posúen, polo menos, unha medición. De feito, o caso de Xermade, en Lugo, é o do único municipio que conta cunha única medición, fronte ás 622 de Vigo. Tal e como explicou o profesor Ruano, existen 63 concellos que teñen máis de 20 medicións. Ademais, un total de 166 (o 53%) teñen o seu mapa finalizado por sección censual (polo menos, dúas medicións en cada sección censual).
O mapa de vivendas compleméntanse cos datos de exposición a radon no eido laboral, con máis de 3.100 postos de traballo medidos. O Laboratorio de Radon de Galicia está acreditado para facer medicións por método de trazas e en continuo dende o ano 2019 pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) e ten unha destacada actividade investigadora sendo un referente internacional nos efectos do radon sobre a saúde e na caracterización desde gas, con numerosas publicacións e premios recibidos. Estas actividades enmárcanse no Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública que coordina o profesor Ruano.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.