//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que o maior orzamento da historia da comunidade para maiores e discapacidade permitirá chegar neste 2018 aos 60.000 dependentes atendidos, adiantando dous anos o cumprimento dun obxectivo que se tiña previsto acadar a finais da lexislatura, en 2020. Durante unha visita ás instalacións do novo centro de día e residencia de maiores do Concello de Cervo, Feijóo precisou que o orzamento total de 414 millóns de euros para este ano pon de manifesto que a achega para esta área medrou un 50% nestes nove anos
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía o fenómeno meteorolóxico adverso dará comezo maña a partir da 13 horas na zona do Miño, na provincia de Ourense e se estenderá ao suroeste da Coruña; zona do Miño, interior e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; ao sur de Lugo; e á zona de Valdeorras e montaña ourensán, a partir do venres 3 agosto. Poderán alcanzarse 41 graos centígrados na provincia de Ourense e nas outras provincias os valores poderán acadar os 38-39 graos centígrados.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe tras a reunión mantida na Moncloa entre a Vicepresidencia do Goberno e as comunidades autónomas que Galicia recibirá 8 millóns de euros para desenvolver o Pacto Estatal de contra a Violencia de Xénero. Alfonso Rueda e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiron á Conferencia Sectorial de Igualdade, que estivo presidida pola vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coa Cortes e Igualdade, Carmen Calvo, para poñer en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, no que a comunidade autónoma colaborou con achegas que foron aprobadas no Parlamento de Galicia por unanimidade de todos os grupos políticos.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matricula dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2018/19, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 2 escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros.
Os membros da Comisión Executiva do Consejo Jacobeo aprobaron hoxe o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta do Goberno galego, que estivo representado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua e a comisaria do Xacobeo 2021. Co fin de actualizar algúns aspectos da marca, o novo logotipo retoma o punto de partida da imaxe anterior polo que a vieira continúa a ter protagonismo como un elemento iconográfico do Camiño de Santiago.
Los viticultores, bodegueros, enólogos y sumilleres más distinguidos de Galicia se dieron cita en el Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil para asistir a una nueva edición de las Catas Oficiales de Vinos y Aguardientes de Galicia, el evento más importante para el sector vitivinícola de la comunidad. A través de este veterano certamen, la Consellería do Medio Rural buscaba nuevamente identificar y premiar a los mejores caldos elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, dotados de un carácter único y una personalidad reconocible. Para esta trigésima Cata de Vinos de Galicia se batían todos los records en cuanto a número de inscritos, con 363 muestras finales de blanco y tinto.
Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron a pasada semana o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita. Así o avanzou este mércores, na localidade mariñá, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director do Festival, Iván Méndez Rodríguez. Santos Ramos apuntou que un ano máis podemos cualificar de éxito rotundo o Resurrection Fest, pois durante catro días 81.350 persoas de 42 nacionalidades diferentes participaron no que xa é o festival de música metal e rock máis importante de España, e un dos máis relevantes de Europa".
Un total de 110 centros escolares incorporarán o libro dixital nas súas aulas o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital E-Dixgal acada os 264 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos (40%). Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 264 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (37 novos para o vindeiro curso), 47 de Lugo (22 novos), 19 de Ourense (11) e 107 de Pontevedra (40). Por ensinanzas, 162 incorporan o libro dixital en Primaria, 73 en Secundaria e outros 29 fano en Primaria e Secundaria.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou esta semana a importancia do Proceso Asistencial Integrado da esclerose lateral amiotrófica (ELA) que mellora a atención sanitaria e social dos pacientes que sofren esta enfermidade neurodexenerativa, adecuando ambos sistemas ás súas necesidades. O documento homoxeneíza a atención, garantindo a equidade e a continuidade asistencial dos pacientes e converte a Galicia nunha das primeiras comunidades en dispoñer dun procedemento de actuación integral para doentes.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para informar dos datos de actividade do Plan Galego de Atención ao Ictus, presentado ahora hai dous anos, e do que xa se beneficiaron máis de 5.000 pacientes. Dito plan, permitiu crear unha rede de atención a esta patoloxía en toda Galicia, xestionada como unha área única, para ofrecer a mellor atención á cidadanía, independentemente do lugar no que se produza, e acurtando sensiblemente os tempos de asistencia, á vez que se utilizan os recursos dunha forma máis eficiente.
O obxectivo é promover a Ruta Xacobea e difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en China e incrementar, así, o número de peregrinos desta nacionalidade que no que vai de ano supuxeron xa un total de 629, un 25% máis de no mesmo período do ano 2014. A viaxe foi organizada en colaboración coa OET de Beijing.
Unha actividade deportiva solidaria organizada polo Consello Municipal de Deportes recaudará fondos para as familias de refuxiados de Siria. O evento, en colaboración con Cruz Vermella, celébrase o 14 de outubro, no Pavillón de Os Remedios. O importe das entradas, que custarán 3 euros, será destinado íntegramente ás familias sirias de refuxiados.
Este novo fito, dentro do Plan de Actuación 2015-2016 do Campus Terra en Lugo, enmárcase na estratexia de especialización de campus periféricos que está a impulsar a Consellería de Educación para o Sistema Universitario Galego (SUG), e que ten outros exemplos no Campus Auga da Universidade de Vigo en Ourense e no Campus Industrial da Universidade da Coruña en Ferrol.
A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou hoxe a súa reunión constitutiva, tras as eleccións municipais, na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coa presenza, entre outros, do alcalde de Ávila e novo presidente do Grupo, José Luís Rivas Hernández, a directora xeral de Turespaña, Marta Blanco Quesada, e os concelleiros representantes das cidades que forman parte do Grupo.
Global Law Expertsotorga esta condecoración al bufete gallego especializado en derecho de las nuevas tecnologías.
O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago dedica unha acción específica á colaboración entre a Xunta e as entidades eclesiásticas da ruta xacobea para traballar conxuntamente na xestión de equipamentos, programas de apertura do patrimonio eclesiástico ou mellora do acompañamento e acollida ao peregrino.
O material filmado en 1932 por Enrique e Ramón Barreiro, do que se ofreceu un adianto a primeiros de ano en Pontevedra, abre o ciclo que a filmoteca galega lle dedica ao seu labor de recuperación e difusión do patrimonio audiovisual, e inclúe o Noticiario de Vigo rodado por José Gil en 1928.
A directora de Turismo de Galicia participou na sesión plenaria sobre Políticas Públicas en Termalismo do I Congreso Internacional da Auga celebrado no marco de Termatalia.
Lara Méndez e Carmen Basadre presentaron a programación oficial do San Froilán 2015, do 3 ao 12 de outubro, que conta con máis de 50 actuacións con denoninación de orixe Lugo e cunha homenaxe a Trapero Pardo a través da música tradicional galega como banda sonora deste San Froilán, polo 20º aniversario do seu pasamento.
O filme de Rafael Toba abre un programa especial de proxeccións que se desenvolve todos os luns ata o 19 de outubro en Santiago de Compostela.
Cooperativa de Cine e Documental propón esta obra que afonda na presenza árabe en Galicia a partir da historia dos colonos galegos que repoboaron o sur de Granada tras a expulsión dos mouriscos no século XVI.