Notas de prensa

Xornalistas chinos realizan o Camiño de Santiago nunha viaxe de familiarización

O obxectivo é promover a Ruta Xacobea e difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en China e incrementar, así, o número de peregrinos desta nacionalidade que no que vai de ano supuxeron xa un total de 629, un 25% máis de no mesmo período do ano 2014. A viaxe foi organizada en colaboración coa OET de Beijing.

Xornalistas procedentes de China visitan a nosa comunidade para realizar o Camiño de Santiago grazas a unha viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia.

O viaxe, organizado en colaboración coa OET de Beijing conta coa participación de catro xornalistas da revista National Geographic e un equipo de televisión de Travel Channel acompañado por unha celebridade chinesa e os seus axudantes.

En total un grupo de once persoas que chegaron o pasado venres á Santiago de Compostela procedentes de Pekín para realizar as etapas da Ruta Xacobea na súa vertente francesa que unen Sarria e Santiago de Compostela

A primeira noite aloxáronse en Sarria para comezar a mañá do sábado a primeira etapa do Camiño, os máis de 22 quilómetros que unen Sarria e Portomarín. A etapa do domingo, levounos a Palas de Rei tras percorrer un total de 25 quilómetros. Continuaron a súa peregrinación o luns cos máis de 28 quilómetros da etapa Palas de Rei- Arzúa e o martes para completar os 20 quilómetros da etapa Arzúa – Pedrouzo. Chegan a meta do Camiño, Santiago de Compostela, tras percorrer a a última etapa de 20 quilómetros.

Para finalizar a viaxe, continuarán coa súa visita a Santiago de Compostela e coñecerán Fisterra.

Viaxes ao longo do ano 2015

Con esta acción de promoción, xa son 33 as viaxes de familiarización organizadas por Turismo de Galicia ao longo deste ano 2015 ao obxecto de difundir os valores turísticos da Comunidade galega en distintos mercados emisores.

Nestas viaxes de familiarización participaron no que vai de ano un total de 224 prescriptores, entre os que se inclúen xornalistas e operadores turísticos de diferentes nacionalidades.

As viaxes de familiarización turística constitúen unha forma de promoción turística que, baseada no coñecemento ‘in situ’ do destino, ten, por un lado, unha grande importancia para os axentes de viaxe, porque poden prescribir o destino cun mellor coñecemento, e, por outro, un gran valor publicitario para o territorio receptor xa que os seus atractivos e recursos turísticos son difundidos mediante reportaxes e informacións variadas nos medios de comunicación.

Peregrinos procedentes de China

O obxectivo desta acción de promoción posta en marcha por Turismo de Galicia é promover o Camiño de Santiago e difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en China e incrementar, así, o número de peregrinos desta nacionalidade que no que vai de ano supuxeron xa un total de 629, o que supón un incremento de máis do 25% en relación ao mesmo período do pasado ano 2014.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES