O Salón de Pleno do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha actividade deportiva, organizada polo Consello Municipal de Deportes e en colaboración con Cruz Vermella, destinada a recaudar fondos para as familias de refuxiados de Siria.
O evento será o mércores, 14 de outubro, a partires das 20.00 horas, no Pavillón de Os Remedios. O importe das entradas, que custarán 3 euros, irá destinado íntegramente ás familias sirias.
A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, explicou que o drama humanitario que se está a vivir en Siria non nos é alleo no Concello de Ourense, toda vez que fumos o primeiro concello de Galicia en elaborar un protocolo para a o acollemento de familias de refuxiados sirios, unha vez que tanto a administración central como a autonómica fixen os criterios para distribuir ás familias que acollamos en España.
Pero mentras chega ese momento, en Ourense non estamos de brazos cruzados. Por iso mañá celebraremos unha tarde deportiva con fins benéficos para recaudar fondos para estas familias.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, explicou o programa previsto: comezará ás 20.00 horas cunha exhibición de ximnasia cargo do Club Ximnasia Pavillón. Ás 20:15 horas terá lugar un partido pre-benxamín do Pabellón Club de Fútbol, segido dun partido de división de honra feminino amistoso entre o Ourense Club de Fútbol e o Club Cidade das Burgas FSF. No descanso deste encontro, haberá unha exhibición de patinaxe a cargo do Club Deportivo Ourela.
Por último, Mario Guede recalcou a necesidade de participar neste evento, para amosar que Ourense é unha cidade solidaria e comprometida.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.