//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acollerá o vindeiro luns a cuarta edición do Gastroforum, co título Gastronomía con propósito, que afondará este ano nas claves da xestión sustentable aplicada á gastronomía. No cuarto Gastroforum citaranse representantes de diferentes restaurantes galegos avalados pola súa traxectoria como Iván Domínguez, do restaurante Nado; Sergio Musso e Paco Chicón do restaurante Eclectic; Diego López, de La Molinera; Javier Olleros, de Culler de Pau; Iria Espinosa de Árbore da Veira; Kike Piñeiro, de A Horta do Obradoiro; Marco Martínez, bar manager de Boanerges; Pepe Solla, de Casa Solla, Alberto Lareo; Miguel Fernández, de Morgana, ou Lucía Freitas, de A Tafona.
A Cidade da Cultura de Galicia volveu converterse esta nun mundo onde mandaron a imaxinación e a fantasía. Foi grazas á Cidade Imaxinaria, un evento lúdico e familiar que se celebra todos os veráns desde hai nove edicións e que, desde o ano pasado, incorpora unha segunda cita en abril para encher de diversión a primavera compostelá. Ademais de festexar a chegada do bo tempo, con este evento o Gaiás quixo conmemorar tamén o Día Internacional do Circo -celebrado a pasada semana- cunha programación chea de acróbatas, malabaristas, trapecistas, clowns e saltimbanquis que conquistaron todos os recunchos do complexo.
De entre 48 universidades públicas e 14 privadas, a sétima edición do U-Ranking situa á USC entre as das mellores de España en función do seu rendemento global, definido a partir da avaliación docente, da actividade investigadora e na dimensión da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. De xeito específico, a Universidade compostelá sitúase na décima posición atendendo ao seu rendemento global, no que se agruparían as actividades docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Neste apartado, o ránking elimina os efectos do distinto tamaño das institución para facelas comparables entre si. Con este criterio, a USC comparte posición coas universidades Miguel Hernández de Elche, Alcalá de Henares, Navarra, Politécnica de Madrid, Lleida e Valencia.
O IGVS acaba de crear unha liña específica de axudas ao alugamento de vivendas para persoas que sufran violencia de xénero, fillos de vítimas mortais que sexan menores de 30 anos e dependentes economicamente, e vítimas de trata con fins de explotación sexual. A nova liña de subvencións está incluída dentro do Bono de Alugueiro Social, un programa que xa contemplaba ás vítimas de violencia de xénero como un dos colectivos aos que ía dirixido. Como novidade, créase unha liña específica e con financiamento propio destinada a axudar a este colectivo a acceder ao aluguer dunha vivenda e ademais amplíanse os supostos previstos con anterioridade.
Un total de 915 alumnos e alumnas participan este curso na segunda edición do Programa Proxecta: Apuntámonos a non beber!!!, duplicando así a participación do ano pasado cando se celebrou a primeira edición do Programa. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade pon en marcha por segunda vez este programa destinado ao alumnado de 1º da ESO dos centros públicos educativos galegos. Nesta edición participan un total de dezanove centros das catro provincias galegas, de Boiro, Melide, Zas, Negreira, Mugardos, Palas de Rei, Meira, Monforte, A Gudiña, dous centros escolares de O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Moaña e Ourense.
O acto contou coa asistencia do director da exposición Xulio Xiz e do deán da Catedral de Lugo, Mario Vázquez Carballo. A exposición está organizada polo colectivo Egeria, co apoio da Xunta de Galicia, dirixida por Xulio Xiz, e coordinada por Antonio Xiz e conta coa asesoría histórica de Marcos Calles. A exposición está composta por 12 paneis dobres, compleméntase con fotografías e gravados alusivos a estes 350 anos de historia, e unha antoloxía de textos poéticos sobre o Santísimo, con obras do Licenciado Molina, Valentín Lamas Carvajal, Angel Johán, Díaz Castro, Calderón de la Barca, Angel Garrote, Luis Romero Porras, Manuel Rodríguez López, Enrique Saavedra Lastra, Evaristo Correa Calderón e María Rosa de Vega Araujo.
O Instituto de Ciencias do Patrimonio, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organiza xunto ás Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Nacional de Educación a Distancia e a portuguesa de Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal) o 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía ( SIEF, polas súas siglas en inglés). A Cidade da Cultura de Compostela acolle este domingo 14 ás 18.00 horas a inauguración do simposio que se vai a desenvolver entre os días 14 e 17 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e no que se reflexionará sobre temas como a situación da antropoloxía en Galicia, o impacto do turismo ou a recuperación dos barrios.
O xurado do XXIII Premio Internacional Grupo CompostelaXunta de Galicia, reunido a pasada semana en Santiago de Compostela, decidiu recoñecer o académico e investigador George Greenia pola súa fecunda traxectoria universitaria, vinculación con Galicia e contribución á difusión internacional do fenómeno xacobeo. Ao comunicarlle a decisión, o premiado declarou que aceptaba este xeneroso recoñecemento dos esforzos realizados a través do Instituto de Estudos das Peregrinacións da William & Mary, unha institución con sede na cidade estadounidense de Williamsburg e centrada na investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición.
A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, mentres que a media de España sitúase en 4,77 días. Así se desprende dos datos correspondentes a 2018 do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Ademais, as persoas que acudiron a un centro de atención primaria do Sergas manifestan, nun 88,1% dos casos, unha valoración moi positiva (boa o moi boa) na atención recibida. A cidadanía galega valora a atención primaria da nosa comunidade con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).
No marco do proxecto multidisciplinar 'Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación', ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias. Nesta ocasión presenta o ciclo de actividades 'Sábados musicais' dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos. Desenvolveranse todos os sábados do mes de abril. Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.
A Deputación de Lugo impulsa a XV edición da Festa da Filloa en Muimenta coa achega de 3.000 euros. A Área de Cultura da Deputación tamén colabora, nesta cita, coa actuación do grupo de gaitas Entre lusco e fusco, e a actuación do grupo De Vacas.
O veterano xornalista Miguel Ángel Aguilar foi proclamado gañador da XII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social la Caixa. O fallo deuse a coñecer na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención telefónica do premiado.
O Concello de Ourense e Estrella Galicia suscribirán un acordo de colaboración cultural permanente na cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director corporativo da compañía Hijos de Rivera, Antonio Viejo, acordaron os términos desta colaboración, que se presentará en próximas datas.
O portavoz de Educación, Hipólito Fariñas, demandou enviar desde Galicia unha mensaxe clara de que o acordo é viable" e Fariñas tamén solicitou consenso en que non hai reválida, senón unha proba de avaliación que permitirá saber se o sistema educativo facilita adquirir as habilidades e destrezas para o que foi deseñado.
Xunta e a ONGD Farmamundi colaboran desde 2009 para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes naturais e humanas. Nesta ocasión, en colaboración coa AECID, enviarase un avión cargado con auga, material de acubillo e kits de asistencia de medicamentos e material sanitario.
O obxectivo desta campaña promocional é que o Centro siga a ser unha referencia no país veciño e captar novos alumnos portugueses. O departamento de márketing do Centro ofrece nestes días diversas charlas e xornada de traballo nunha ducia de centros en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho, todos eles en Portugal.
No partido de baloncesto entre o Ourense Provincia Termal e o C.B. Prat Joventut participaron na promoción do selo Galega 100% co reparto de minibricks de leite con este selo de calidade diferenciada e folletos informativos sobre a orixe deste produto entre os asistentes ao encontro no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Campos Conde felicitou a este colectivo polo seu aniversario. Sodes un exemplo a seguir, un exemplo de loita, de superación, de traballo e de dignidade. O presidente provincial recibiu ao presidente e 120 usuarios de Aspnais. A asociación acolleu tamén a visita de escolares aos seus talleres.
Celebrouse en Santiago a reunión de coordinación do convenio asinado pola AECID e as comunidades de Galicia, A Rioxa, Illas Baleares, Madrid, Estremadura e Valencia. A dotación total da axuda humanitaria conxunta destas seis comunidades autónomas e a AECID en 2016 será de 1,3 millóns de euros. Crearase un Fondo de Continxencias con 300.000 euros e destinaranse ademais outros 500.000 euros a continuar cun proxecto alimentario para os refuxiados saharauís de Tinduf, Arxelia.
A Ruta da Lamprea constitúe un novo produto turístico que pon en valor os principais recursos naturais, gastronómicos e culturais de 18 municipios ao redor dos labores de pesca e a gastronomía deste singular peixe. Destácase a relevancia internacional alcanzada por esta festa avalada pola declaración de interese turístico internacional.