
O portavoz de Educación do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, defendeu no Parlamento que o Goberno central, a partir da Lei Orgánica en vigor, explore a posibilidade de acadar un pacto de Estado pola educación que trate de consolidar a senda de mellora dos indicadores de resultados consecuencia das innovacións pedagóxicas e metodolóxicas postas en marcha nos últimos anos.
Hipólito Fariñas demandou á oposición que deamos desde Galicia unha mensaxe clara de que o acordo é viable e fagamos que sexa Galicia a primeira Comunidade na que se chegue a un consenso que diga que o pacto educativo e a estabilidade normativa non só son necesarios, senón tamén posibles.
Consenso tamén debería haber en que non hai reválida, como acostuman a dicir desde os grupos da oposición, senón unha proba de avaliación que permitirá saber se o sistema educativo facilita adquirir as habilidades e destrezas para o que foi deseñado, sinalou o portavoz popular.
Así, explicou que non avalía coñecementos, senón competencias clave; avalía a idoneidade do sistema educativo, non coñecementos do alumnado; non aproba nin suspende cursos, nin figura no expediente do alumno.
Fariñas apuntou que a LOMCE modificou a LOE nun 41 por cento dos seus artigos, incorporando máis do 70 por cento das propostas educativas feitas polo ministro socialista Gabilondo. Todos sabemos que precisamos un sistema educativo estable, eficiente e de calidade, e por iso pedimos que se abandonen a demagoxia e o dogmatismo para traballar en positivo, deixando de usar a educación como ferramenta política, sinalou.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.