
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na inauguración da exposición 350 anos da ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado que estará na Biblioteca Pública Miguel González Garcés ata o 30 de abril en horario de 8.30 horas a 20.30 horas.
O acto contou coa asistencia do director da exposición Xulio Xiz e do deán da Catedral de Lugo, Mario Vázquez Carballo. A exposición está organizada polo colectivo Egeria, co apoio da Xunta de Galicia, dirixida por Xulio Xiz, e coordinada por Antonio Xiz e conta coa asesoría histórica de Marcos Calles.
Ovidio Rodeiro destacou que a mostra ten un gran valor histórico porque plasma, en galego e en castelán, a historia dunha das cerimonias máis antigas que temos na nosa comunidade.
O delegado territorial recalcou que estamos conmemorando un acto ligado ao privilexio do templo lucense de manter o pan consagrado, permanentemente custodiado por una chama prendida, no altar maior. É unha das celebracións máis lonxevas da comunidade autónoma e a única que segue facendo unha memoria pública da monarquía que rexeu en Galicia na Idade Media. Neste senso, lamentou que o goberno local dalgunhas das cidades como a da Coruña, que levaba anos asistindo a Lugo a esta celebración, deixase de facelo nestes últimos anos.
A exposición está composta por 12 paneis dobres, compleméntase con fotografías e gravados alusivos a estes 350 anos de historia, e unha antoloxía de textos poéticos sobre o Santísimo, con obras do Licenciado Molina, Valentín Lamas Carvajal, Angel Johán, Díaz Castro, Calderón de la Barca, Angel Garrote, Luis Romero Porras, Manuel Rodríguez López, Enrique Saavedra Lastra, Evaristo Correa Calderón e María Rosa de Vega Araujo.
Cada un dos paneis reflicte un aspecto deste proceso de tres séculos e medio, que comeza coa exposición desta singular historia, a inmemorial devoción polo Santísimo na cidade de Lugo, o antigo Reino de Galicia, o Memorial co que se iniciou o proceso, a escritura do donativo do Reino, a Ofrenda nos séculos XVIII, XIX, XX e XXI, Lugo como a Cidade do Sacramento, a devoción reflectida na heráldica e a perspectiva de cara ao futuro desta chama que non se apaga.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.