//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O Plan galego, posto en marcha hai dous anos, posibilitou que se beneficiaran da súa implantación máis de 5.000 pacientes. O número de interconsultas realizadas polos médicos responsables dos pacientes á Central de Atención ao Ictus foi de 1.426, o que supón unha media de 59 interconsultas por mes. Os hospitais que máis recorren á central son os comarcais, o que é unha mostra da eficacia desta central, xa que as persoas que máis se benefician son os pacientes que viven nás áreas máis afastadas, garantindo o acceso desta poboación ao mellor recurso asistencial posible.
Será un modelo máis coordinado e innovador, que integrará todos os programas específicos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, e cuxa implantación será progresiva. Comezando por aquelas enfermidades máis prevalentes e polos pacientes afectados por varias condicións crónicas, concretamente os 21.000 pacientes galegos inmobilizados que están en situación de vulnerabilidade. Ademáis, elaborarase un Plan individualizado de acción Integral (PIAI) consensuado co paciente e/ou as persoas encargadas do seu coidado.
Detectáronse 8.000 tumores, dos que o 92% tiñan un estadio tumoral baixo. A mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado
O conselleiro de Sanidade e o presidente da Fegamp asinaron o convenio de colaboración no que participa tamén Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No marco deste acordo, atendéronse o pasado ano 7.634 persoas nas 13 unidades asistenciais de drogodependencias xestionadas polos concellos
A Xunta analizará a situación das persoas sen fogar en Galicia co obxectivo de elaborar un plan de atención específico. A cifra de galegas e galegos que sofren carencia material severa reduciuse nun 40% e supón xa menos da metade da media nacional
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na Cidade da Cultura nas Xornadas Mulleres de Seu O futuro de todas, con motivo do Día da Muller Rural, que este ano cumpríu o seu décimo aniversario para -indicou- festexar este día é visibilizar a importancia das achega económicas, sociais e culturais que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo.
O custe estimado da extinción do incendio rexistrado o pasado domingo en Mondariz (parroquias de Sabaxáns e Gargamala), e que puxo en perigo os núcleos de Barro e Barral, superou os 100.000 euros. Para extinguir este lume foi preciso mobilizar un total de 363 persoas, entre efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e persoal de emerxencias (axentes da Policía Autonómica, bombeiros comarcais, voluntarios de Protección Civil, etc.). No primeiro día de actuación os helicópteros mobilizados realizaron ata 88 descargas en tan só hora e media, o que supuxo un volume de máis de 111.000 litros de auga.
A finalidade deste observatorio será promover a igualdade real e efectiva entre as persoas LGTBI, identificar as barreiras que aínda atopan e previr e loitar contra episodios de intolerancia. A composición do Observatorio galego contra a discriminación será a seguinte: a presidencia recaerá na persoa titular do órgano superior da Xunta en materia de igualdade; a vicepresidencia, nunha persoa representante do colectivo LGTBI; e a secretaría, nunha funcionaria ou funcionario que preste servizos na área da Xunta encargada de Igualdade.
A RAGC dedícalle este 2018 o Día da Ciencia en Galicia ao matemático, xeógrafo e político Domingo Fontán, coñecido fundamentalmente por ser o autor dun traballo sen precedentes en España, un fito na historia da cartografía peninsular que se converteu en símbolo para Galicia: a súa célebre Carta xeométrica. Trátase do primeiro mapa científico e moderno realizado na península Ibérica, por elaborarse mediante traballo de campo e medicións xeodésicas. O mapa de Fontán sería a base cartográfica para proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistirá este martes 9 de outubro en Luxemburgo ao Consello de Ministros de Medio Ambiente para defender a postura común de todas as comunidades españolas sobre os asuntos que se debaterán nesta xuntanza. Cómpre lembrar que o pasado mes de xuño Galicia relevou oficialmente ao País Vasco como representante das comunidades ante o Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE.
Los Obispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago, que comprende las Diócesis de Santiago de Compostela, Tui-Vigo, Mondoñedo-Ferrol, Lugo, y Ourense destacan que el Motu Proprio Mitis Iudex Dominus Iesus supone una reforma del proceso que ordena, sin merma de la seguridad jurídica, las causas de nulidad del matrimonio.
El domingo 13 de diciembre, la Catedral de Lugo se suma a la Catedral de Santiago de Compostela y abre la Puerta de la Misericordia en la capilla de San Froilán para recibir a los peregrinos durante el año 2016. Esta puerta de la Catedral de Lugo lleva cerrada desde que se trasladó desde la parroquia de San Pedro en el año 1916.
Un completo programa de actividades conmemorará el 50º aniversario de la asociación ASPNAIS, constituída un 8 de enero de 1966.
Baltar afirmou que a chegada do AVE en 2018 será un factor de cohesión que contribuirá a unir o gran puzzle de potencialidades que temos na provincia, durante a xornada sobre Estratexias para un futuro de Ourense como destino turístico.
A Consellería de Cultura e Educación financiará un novo programa de posicionamento especializado para que as universidades galegas capten proxectos europeos de I+D+i. É unha ferramenta a dous anos que permitirá incrementar as colaboracións internacionais das Universidades Galegas.
As contas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) recollen, por vez primeira nos últimos anos, un incremento das contas universitarias do 7,5%. A proposta orzamentaria ascende a 214 millóns de euros e o principal reto, según o reitor, é reforzar as importantes necesidades de persoal.
Carlos Osoro amosoulle ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o seu explícito apoio en favor dun ben natural, patrimonial, paisaxístico e histórico. Ourense segue a recabar apoios institucionais e sociais a prol desta distinción pola ue se traballa desde 2014 coa elaboración dunha memoria técnica por varios expertos.
Santiago de Compostela acolle a reunión do proxecto europeo Parentnets sobre os riscos de internet entre o alumnado. Trátase dun programa educativo pioneiro no que participan socios de Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través de Galicia e Cataluña. Expertos debaten sobre o uso das redes sociais e os riscos nos xoves.
La elaboración de una tarta gigante de la Muralla romana de Lugo forma parte del conjunto de actividades conmemorativas del 15º aniversario de la declaración de este monumento como Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO.
Co gallo da celebración do 15 aniversario da inclusión da Muralla na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, a Xunta, titular do monumento, ten posto a disposición da cidadanía o ascensor do Carril dos Romanos, que garante a accesibilidade universal a este ben de orixe romana do máximo interese internacional.