
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentoulles ás tres universidades galegas un novo programa de posicionamento co que se pretende que o Sistema Universitario de Galicia (SUG) capte un maior número de proxectos de I+D+i. A ferramenta, que será desenvolvida pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e as universidades do SUG, suporá un investimento por parte do departamento educativo da Xunta de Galicia de máis de 200.000, para aumentar o posicionamento internacional das Universidades Galegas e así lograr un maior impacto dos seus proxectos de investigación.
Segundo explicou Román Rodríguez, o obxectivo é incrementar a taxa de éxito na consecución de proxectos europeos para grupos ou proxectos institucionais, que agora está nun promedio do 5%; máis visibilidade e oportunidades no ámbito europeo para o SUG e para os seus grupos de investigación; un incremento das colaboracións internacionais das universidades galegas, tanto no ámbito académico como co sector industrial; e unha mellora dos resultados de investigación: máis patentes, máis publicacións, máis promoción e divulgación e máis ingresos para a nosa I+D+i.
Áreas estratéxicas
O proceso terá como base a retroalimentación continua de información entre os técnicos de FEUGA e os grupos e agrupacións de investigación do SUG. Partirase dunha definición estratéxica das áreas temáticas que habería que priorizar, tendo en conta tamén a Estratexia de Especialización Intelixente (RIIS3 Galega), estruturándoas arredor de 3 bloques temáticos: Enerxía, Tecnoloxías de Información e Comunicación, Tecnoloxías de Fabricación, Procesos Industriais, Nanotecnoloxía e Materiais; e Medioambiente, Biotecnoloxía e Agroalimentación.
A partires destas áreas, deseñaranse actividades de posicionamento e accións de lobbying e networking, que poderán estenderse, se así se considera oportuno, ao conxunto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O obxectivo é dar visibilidade aos proxectos galegos nas grandes agrupacións tecnolóxicas europeas, como JTIs (Bio-BasedIndustries) ou EIP (EuropeanInnovationPartneships).
Todo este proceso realizarase de forma coordinada cos Centros Tecnolóxicos de Galicia, coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), e con Clusters e Empresas Galegas; co fin de despregar unha rede de intelixencia que detecte e explote oportunidades de crecemento e mellora para o SUG e, como consecuencia, para o conxunto de Galicia
Na presentación desta estratexia participaron, ademais do conselleiro, o director xeral de FEUGA, Javier F. Pereiro; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Isabel Rodríguez-Moldes Rey; o vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC, Ricardo Cao Abad; a vicerreitora de Investigación e Transferencia de UVigo, Mª Asunción Longo González; e a subdirectora de Promoción científica e tecnolóxica universitaria, Mª Jesús Tallón Nieto.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.