
Un grupo de expertos internacionais afondan en Santiago sobre o proxecto europeo Parentnets, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus + que ten como principal obxectivo formar a pais, nais e profesores no eido das redes sociais e o seu uso por parte dos xoves. Galicia a través do departamento de Educación é a encargada de coordinar este proxecto europeo no que participan Irlanda, Bélxica, Portugal, Romanía e España a través da nosa comunidade e de Cataluña. De feito, hai un ano xa se celebrara tamén na cidade compostelá a primeira das reunións preparatorias deste proxecto.
Precisamente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), onde se celebra o encontro, para saudar aos participantes e coñecer de primeira man os avances dunha iniciativa que ten como obxectivo afondar sobre os riscos da Internet para os menores.
Parentnets é un proxecto integrado por institucións de sete países e que en España se encarga de coordinar a Consellería de Cultura e Educación a través da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación. Trátase dunha iniciativa innovadora que vén a cubrir un eido neste ámbito a nivel comunitario, xa que ata o de agora non existían accións concretas enfocadas á educación dos adultos a este respecto.
Deste xeito, Parentnets céntrase no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores e trata de facer especial fincapé na detección e prevención dos riscos que poden representar para os mais novos. Está dirixido, sobre todo, a pais e nais de calquera país europeo con pouco o nulo manexo das novas tecnoloxías, e a profesores de primaria ou secundaria interesados en utilizar a seguridade na Internet como materia transversal na educación dos seus alumnos.
Manual e xogo multimedia dispoñibles en cinco idiomas
Os principais resultados deste proxecto plasmaranse nun manual e nun xogo multimedia que contribúan á prevención e solución dos posibles riscos que poidan derivarse do mal uso da Internet por parte de nenos e adolescentes. Estes materiais estarán dispoñibles en cinco idiomas: español, inglés, romanés, portugués e galego.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.