Notas de prensa

O arcebispo de Madrid apoia a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

Carlos Osoro amosoulle ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, “o seu explícito apoio en favor dun ben natural, patrimonial, paisaxístico e histórico”. Ourense segue a recabar apoios institucionais e sociais a prol desta distinción pola ue se traballa desde 2014 coa elaboración dunha memoria técnica por varios expertos.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse en Madrid co arcebispo da capital de España, Carlos Osoro, quen lle amosou o seu apoio a prol da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco. Na xuntanza, celebrada na sede do Arcebispado de Madrid, Manuel Baltar agradeceulle a Osoro “o seu explícito apoio en favor don ben natural, patrimonial, paisaxístico e histórico, apoio que procede dunha persoa e dunha alta dignidade eclesiástica que leva a Ourense no seu corazón e que garda un grato recordo da súa estancia no bispado da provincia de Ourense”.

O presidente da Deputación de Ourense, que foi quen de reactivar a iniciativa da candidatura da Ribeira Sacra, está a recabar apoios institucionais e sociais a prol desta distinción que permitirá, segundo afirma Manuel Baltar, “acadar o recoñecemento que merece a Ribeira Sacra e todos os seus concellos, e tamén posibilitará darlle un importante pulo turístico internacional a toda esta fermosa contorna das provincias de Ourense e Lugo”.

Os traballos técnicos que se realizaron para a candidatura foron desenvolvidos por expertos nas áreas temáticas de: Produción agrícola e formas de cultivo; Xeografía física; Edafoloxía; Botánica; Patrimonio cultural (Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Arquitectura e Antropoloxía); Economía aplicada e Produción vitivinícola.

O proceso para chegar ate este informe deu comezo en xuño de 2014 cando as deputacións de Ourense e Lugo asinaron co Valedor do Pobo un convenio de colaboración para que este coordinase un equipo académico multidisciplinar co obxectivo de elaborar a memoria científica que se xuntará á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial diante da Unesco, iniciativa na que tamén participa a Xunta de Galicia e os concellos da Ribeira Sacra.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES