Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

Esta será unha das principais novidades do Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024, o segundo destas características que se pon en marcha na comunidade co obxectivo de fixar os principais obxectivos no que respecta á realización deste tipo de controis e ás grandes liñas estratéxicas a seguir para poder acadalos. Así, Galicia converterase nunha das comunidades autónomas máis rigorosas e avanzadas en control ambiental, e será a única de España recoñecida desde o ano 2018 co certificado ISO 9001:2015 que acredita a calidade do seu traballo.
A programación de Pequefilmes abrangue todas as etapas da infancia, con tres seccións diferenciadas por idades: Vagalumes –de 0 a 3 anos–, Miñocas –para maiores de 4 anos– e Fanecas –a partir dos 7 e ata os 12 anos de idade–. En total durante os días 26 e 27 de xaneiro realizaranse no Museo Centro Gaiás máis de 150 proxeccións de curtametraxes procedentes de 30 países. Unha ampla escolma de películas con variedade de estilos, temáticas e historias para espertar a curiosidade e o gusto polo audiovisual de calidade entre a cativada. Catro traballos feitos na nosa comunidade poderán verse na sección a concurso de Pequefilmes.
O Grupo de Investigación Integrado de Enxeñaría Civil e Xeomática (Giceo) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC traballou nos últimos anos xunto con investigadores da UVigo e un consorcio de empresas integrado por Extraco S.A., Betanzos HB S.L., Soutos Sativa S.L., Indutec Enxeñeiros S.L.U., Galaicontrol S.L. e Renga Enerxía S.L., na valorización de residuos e/ou co produtos agroindustriais e na posible obtención de bioprodutos de alto valor engadido con aplicacións na industria no marco do proxecto de investigación Innobiorresiduos, que contou cun orzamento de máis dun millón de euros.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo acaba de outorgar esta declaración, culminando así un proceso de varios anos últimos anos. O Entroido de Xinzo de Limia únese así á Festa do Albariño de Cambados –recoñecida o ano pasado con esta distinción- a festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona.
O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2018 unha cifra récord de 354 transplantes de órganos nos seus hospitais, a máis elevada desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Do total de transplantes, 170 foron de ril; dos cales 31 procedían de doante vivo, 124 de fígado, 2 de páncreas, 25 de corazón e 33 de pulmón. Salientar que, desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2018, xa se levan feitos en Galicia un total de 7.942 transplantes de órganos.
O tempo de espera media cirúrxica en Galicia é de 61,6 días a decembro de 2018, case cinco días menos que en decembro de 2017, cando se situou en 66,4 días de espera media. Este dato sitúase como a cifra máis baixa de toda a serie histórica de Galicia e en relación ao resto de comunidades, está entre as catro que teñen menos demora do Estado. A atención primaria é o servizo sanitario mellor valorado pola cidadanía en todos os barómetros sanitarios. No último informe do Ministerio de Sanidade, o 88,50% dos usuarios en Galicia consideraron que recibiran unha atención boa ou moi boa en atención primaria
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a autorización no Consello da Xunta dun acordo cos sindicatos UGT e CC.OO que cualificou de “histórico” e “moi ambicioso” para a mellora da función pública. A este respecto, Feijóo aseverou que se trata do acordo máis importante acadado no ámbito do emprego público na historia de Galicia. Ábrese así, dixo, unha nova etapa na que o obxectivo será acadar un emprego público de calidade, estable e ben retribuído, que ofreza as mesmas condicións para os profesionais que desempeñen iguais funcións e que recoñeza o esforzo laboral e motive a mellora constante da formación co conseguinte beneficio para a cidadanía.
Aprobouse para a súa remisión ao Parlamento a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia para facilitar a recuperación de centros históricos e núcleos rurais e protexer as edificacións históricas. Esta lei se enmarca no obxectivo de priorizar a rehabilitación fronte ás novas construcións. A norma diferencia dous ámbitos de actuación: a rehabilitación edificatoria; e a rexeneración urbana, referida a actuacións que afectan tanto edificios como tecidos urbanos. Así mesmo, o novo documento axilizará a tramitación para a recuperación de centros históricos e núcleos rurais.
A Cidade da Cultura duplicou o número de visitas no Nadal grazas á exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra —que exhibe por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’— e ás actividades para público familiar de Cidade do Nadal, unha urbe máxica con obradoiros, cunha grande para decorar conxuntamente e cun premiado espectáculo familiar. O Gaiás recibiu durante estas festas 7.000 persoas, alcanzando nalgunha destas datas cifras récord ao superar os 800 visitantes por día.
O edificio administrativo do Sergas acolleu as primeiras xuntanzas dos grupos específicos de traballo propostos polo Sergas para adoptar decisións compartidas cos profesionais na reformulación do modelo de atención primaria. Máis de sesenta profesionais, de distintas categorías e de todas as áreas sanitarias, comezaron hoxe a traballar nos distintos grupos co obxectivo de abordar propostas a curto, medio e longo prazo coas que afrontar o reto do envellecemento poboacional e as dificultades para dispoñer de profesionais que afectan ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
| 151,2  de  392 | Siguiente »

Notas sociedad

A visita será efectuada por un grupo de usuarios e o equipo directivo da Asociación lucense de país e titores de persoas con discapacidade intelectual -Aspnais- para coñecer de preto as instalacións e realidade desta senlleira empresa lucense.
Os traballos teñen por obxecto mellorar a suxeición da cuarcita das fachadas e acométense agora que os edificios aínda están en garantía e, polo tanto, as obras non teñen custo para a Xunta. A Fundación destaca que se adoptaron todas as medidas para garantir a seguridade dos traballadores e visitantes.
O presidente da Asociación Española de Medicina Interna, Emilio José Casariego, será o pregoeiro da Semana Santa de Viveiro nesta edición de 2016, según consta no programa de difusión cultural Adral elaborado pola Xunta de Cofradías para os días comprendidos entre o 27 de febreiro e o 19 de marzo.
Converter a astronomía nunha cuestión ao alcance de todos os públicos. Así define o seu obxectivo principal o proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos (A Astronomía ao alcance de todos: colaboración Universidade-Concello-Organismos Públicos e Empresas), co financiamento da FECYT na terceira edición.
Ramón Villares, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), visitou os talleres ocupacionais da asociación lucense Aspnais que conmemora o seu 50º aniversario cunhas xornadas semanais de portas abertas e un amplo programa de actividades.
Trátase dun proxecto innovador, que abarca a toda a comunidade educativa e que incide, sobre todo, na educación emocional, na educación social e na creatividade. A iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos en catorce centros de Galicia, coa participación de 176 profesores e máis de 2.800 alumnos de entre tres e 16 anos.
O Gaiás acolle a finais de setembro o Spin 2016, no que participarán 100 universidades de España, Portugal e América Latina, asistirán 2.000 persoas de 20 países diferentes e no que 150 proxectos empresariais e startups recibirán apoio. O evento incorpora premios por valor de 100.000 euros. Inclúe o foro SmartMoney4Stars con fondos de capital risco e business angels.
Galego de adopción, bautizou as substancias que descubriu con nomes como santiaguina, pontevedrina, orensina e coruñina. O químico Ignacio Ribas está considerado un gran valedor dos produtos naturais autóctonos, moi reivindicativo co financiamento da ciencia e a conexión entre a investigación e a empresa. Colaborou en Zeltia e no Instituto Servet.
Esquerda Unida, unha vez máis, recorda a aberración acontecida na comarca de Monterrei pola teima da Xunta de Galicia de seguir a especular co ben común, esta vez, mediante a construción dun hotel de luxo no Castelo de Monterrei, toda unha agresión inxustificable ao Patrimonio cultural.
Este proyecto de Lugo Monumental en colaboración con el Obispado, La Voz de Galicia y Chencho Pardo, intenta que Lugo sea el referente del inicio del Camino Primitivo. Lugo tiene la vertiente religiosa como Ciudad del Sacramento, y la geográfica como 1ª población que está a más de los 100 kilómetros requeridos para la Compostela.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES