//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, cualifica de reto de país a volta ás aulas a partir deste xoves, o que require dun esforzo de colaboración por parte do conxunto da comunidade educativa e, especialmente, das administracións. Así o sinalouao comezo dunha reunión de traballo cos xefes territoriais e os inspectores xefes de Educación das catro provincias, no que foi a súa primeira toma de contacto co sector educativo tras asumir a carteira de Educación da Xunta. O conselleiro fixo un chamamento expreso á unidade e cooperación por parte de todos os axentes implicados, desde as familias ata o profesorado, as organizacións sindicais, as administracións e os xestores dos servizos complementarios.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron dous homes de 81 e 71 anos que estaban ingresados no CHUS e no HULA, respectivamente. Ambos presentaban patoloxías previas.O número de PCR realizadas é de 374.635.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.230 deles 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas, rexistrándose 663 falecementos. O número de PCR realizadas é de 369.998. Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Orpea Coruña (Culleredo).
O verán climatolóxico galego, que abrangue os meses de xuño, xullo e agosto, foi este ano cálido e con precipitacións que se situaron dentro do normal en comparación co período de referencia 1981-2010. Así, a temperatura media en Galicia situouse en 19,7 graos, 0,55 graos por riba do esperado neste período, mentres que os datos de chuvia rexistrados nas estacións máis representativas da comunidade quedáronse en valores similares aos da serie histórica. O avance do informe climatolóxico do verán elaborado por MeteoGalicia atribúe este balance a un mes de xullo extremadamente cálido, con temperaturas en xeral máis altas do habitual e especialmente no que respecta ás máximas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243 deles 1.434 son da área da Coruña, 816 da de Lugo, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago, e 159 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas curadas, rexistrándose 662 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, que estaba ingresado no CHUS, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 367.340.
A Comunidade galega despide un mes de agosto que se considera moi húmido, debido ás precipitacións abondosas rexistradas nas xornadas do 12 e 19 de agosto. Así se desprende do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, onde se indica que cada un deses días por separado xa supera os valores normais de agosto e sumando as precipitacións rexistradas -xunto con algún día de chuvia máis feble-, permite caracterizar o mes como moi húmido en gran parte da Comunidade. Así, a precipitación media acumulada foi de 92 L/m2 e deuse unha gran diferencia entre comarcas do norte da Comunidade, como a Mariña Central e a comarca do Sar con rexistros de precipitación acumulada de 266 L/m2; fronte ás do sur.
O comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Galicia tomou a decisión de establecer medidas e restricións nos concellos de Ourense, Santiago, Santa Comba, Carballo e A Laracha. Entres as medidas a adoptar destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública (10 persoas), así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847 deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 644 da de Santiago, e 149 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas, rexistrándose 648 falecementos. As últimas persoas falecidas foron un home de 82 anos, que estaba ingresado no CHUAC; dúas mulleres de 94 e 86 anos que estaban ingresadas no HULA, e un varón de 84 anos, tamén ingresado no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.
O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado. Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.742 deles 1.403 son da área da Coruña, 759 da de Lugo, 343 da de Ourense, 233 da de Pontevedra, 253 da área de Vigo, 607 da de Santiago, e 144 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 143 en unidades de hospitalización e 3.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.771 persoas curadas, rexistrándose 644 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 96 anos, que estaba ingresada no HULA e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 339.206.
A primeira tese de doutoramento en Nutrición e Dietética, unha investigación que vén de presentar a investigadora Paula Roca na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC baixo o título Estudo da influencia de factores externos na modificación do microbioma e estado nutricional poboacional, identifica factores que predispoñen á obesidade en Galicia.
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle ao goberno galego un plan de choque para facer fronte á anunciada cascada de xubilacións de médicos e profesionais do Sergas (2.332 profesionais) prevista para os próximos cinco anos. Así o dixo logo da alerta lanzada polos colexios médicos de Galicia.
Feijóo di que o Camiño de Santiago e Correos teñen un común denominador: Ambos comunican e constrúen Comunidade nunha teima que se remonta nos tempos e resalta que a Xunta e Correos traballan nunha peregrinación singular en outono en Williamsburg, Estados Unidos, cunha exposición que percorrerá cinco cidades de América do Norte.
A enogastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Galicia, que é líder xunto a Andalucía en restaurantes recoñecidos coa Q de Calidade Turística. Celebraranse obradoiros sobre produtos como lamprea, caldeirada ou empanada, amais de mesas redondas e unha novidosa cata de diferentes tipos de pan galego, como base do novo Plan de Enogastronomía.
O presidente da Xunta acompañou á S.M. a raíña Dona Sofía ao acto de celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade.
Holi Gaiás forma parte del programa de Cidade Verde para poner en valor los espacios verdes de la Cidade da Cultura e incluye caminatas y una demostración de cometas. Las actividades están patrocinadas por Viaqua con la colaboración de la Fundación USC Deportiva y la Federación Galega de Atletismo. Está inspirada en el festival 'Holi' de la India.
Un total de 13 científicos (8 deles en activo na actualidade) beneficiáronse deste apoio para crear e consolidar as súas propias liñas de traballo. O conselleiro Román Rodríguez mantivo unha xuntanza cos últimos tres Starting Grants cunha axuda de 700.000 euros.
Enmarcado no Plan Eduemprende, vai dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas, e este ano está dotado cun total de 12 millóns de euros. Avaliarase a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, así como a coherencia e carácter innovador dos proxectos, entre outros.
O sindicato censura que o Estado reducise nos últimos anos a súa achega ao sistema de atención á dependencia (SAAD): en vez de sufragar a metade, como marca a lei, só cobre a cuarta parte. O informe destaca que o 17,64 % das persoas dependentes non recibiron en 2017 a prestación a que tiñan dereito.
El titular de la Xunta ha participado en el acto de imposición de las Medallas del Parlamento de Galicia 2018. Recuerda que en el Estatuto de Autonomía la Galicia del pasado y la Galicia del futuro se dieron a mano para iniciar una nueva etapa de nuestra historia.