
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o labor dos selos homenaxe a Santiago e ao Camiño como peregrinos que, igual que os peregrinos tradicionais, axudan a espallar a mensaxe fraterna que Galicia envÃa.
Durante o acto de presentación dos selos Patrimonio Mundial. Santiago de Compostela e Camiño Costeiro, Feijóo afirmou que o Camiño de Santiago e Correos teñen un común denominador: “Ambos comunican e constrúen Comunidade nunha teima tenaz que se remonta nos tempos”, dixo, recordando que desde 1937 a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre edita un selo conmemorativo de cada ano santo compostelán. Un total de 69 selos que divulgaron por todo o mundo diferentes monumentos e lugares de Compostela e a Ruta Xacobea.
Nesta mesma liña, subliñou que a Xunta puxo en marcha no 2015 o Plan director do Camiño de Santiago que está orientado ao Xacobeo 2021, potenciando a internacionalización, con peregrinos dos cinco continentes, e a diversificación a través de todos os itinerarios que percorren Galicia.
Asà mesmo, lembrou que a comezos de ano se creou a Comisión organizadora do Xacobeo 2021; neste mesmo mes reuniuse, ademais, o pleno do Consello Xacobeo, no que se aprobou que Galicia presida o novo grupo de traballo creado para a promoción e difusión do ano santo; “e a finais de 2018 conmemoraremos o XXV aniversario da declaración pola Unesco do Camiño Francés como Patrimonio Mundial”, dixo, ao que engadiu o compromiso do Goberno central de outorgar bonificacións fiscais aos patrocinadores do Xacobeo durante tres anos.
Con máis da metade das actuacións do plan en marcha, o presidente do Goberno galego resaltou que, neste ano 2018, os traballos se centran no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, coa construción dun novo albergue no casco vello de Vigo.
Ao longo da súa intervención, Feijóo quixo agradecer a atención e colaboración de Correos no feito xacobeo co que Galicia segue axudando a conformar o mundo; e que ademais ten unha forte repercusión nos concellos rurais. Non en van, segundo un estudo da Universidade de Santiago, cada peregrino supón o mesmo impacto económico que 2,3 turistas nacionais.
Por último, o presidente do Goberno galego resaltou que a Xunta e Correos están a traballar tamén nunha peregrinación singular que se iniciará en outono en Williamsburg, Estados Unidos, cunha exposición que percorrerá cinco cidades de América do Norte, incluÃndo Chicago e Nova York. Unha iniciativa que axudará a facer máis coñecidas as rutas xacobeas e a Galicia, que o ano pasado visitaron 17.000 peregrinos estadounidenses.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.