//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 35 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autorida-des sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Con este recordatorio, Sanidade continúa a aplicar a folla de ruta deseñada para acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Nestes intres, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con menor incidencia acumu-lada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias.
Alberto Núñez Feijóo confirmou na rolda de prensa do Consello que a Xunta vén de remitir ao Executivo central unha proposta de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19, e que contará cun catálogo de medidas e os requisitos que se deben dar para poder adoptalas. Durante a súa intervención, incidiu en que as Administracións autonómicas precisan de mecanismos útiles e efectivos para exercer as súas competencias; e ese instrumento non é o estado de alarma, facendo fincapé en que o estado de alarma é unha medida excepcional e que non resulta adecuado acudir a ela para un control sistemático e diario da epidemia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068, deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago, e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos. O número de PCR realizadas é de 523.412. Do total de casos activos, 388 está vinculados a centros residenciais, 266 usuarios e 122 profesionais. En canto aos centros educativos, o número de positivos elévase a 419, con 10 aulas pechadas.
A Consellería de Sanidade vén de acordar restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás. Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, logo da xuntanza desta tarde tras analizar a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma. Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas que non vivan xuntas nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor desde o pasado venres. O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.119, deles 818 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 1.084 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 412 da área de Vigo, 527 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 199 en unidades de hospitalización e 3.885 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.344 persoas curadas, rexistrándose 765 falecementos. O número de PCR realizadas é de 515.983.
Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta informará semanalmente da situación epidemiolóxica dos concellos segundo o nivel de casos novos e co obxectivo de que cada un deles poida ver como evoluciona a pandemia no seu ámbito municipal, preservando ademais o dereito á confidencialidade da historia clínica. Elaboraranse dous mapas, un para os casos acumulados nos últimos 7 días e outro para os casos acumulados nos últimos 14 días, establecéndose os niveis de alerta segundo os concellos de menos de 50.000 habitantes e os de máis de 50.000. Para os concellos de menos de 50.000 habitantes estableceranse as cores: verde para menos de 7 casos novos á semana; amarelo para entre 7 e 13 casos novos; laranxa para entre 14 e 20 casos novos; e vermello para máis de 20 casos novos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última nsactualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.101, deles 820 son da área da Coruña, 495 da de Lugo, 1.037 da de Ourense, 685 da de Pontevedra, 419 da área de Vigo, 528 da de Santiago, e 117 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 204 en unidades de hospitalización e 3.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.170 persoas curadas, rexistrándose 757 falecementos. O número de PCR realizadas é de 511.007.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.038, deles 819 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 946 da de Ourense, 689 da de Pontevedra, 445 da área de Vigo, 530 da de Santiago, e 116 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 192 en unidades de hospitalización e 3.810 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.981 persoas curadas, rexistrándose 755 falecementos. O último falecemento corresponde a unha muller de 83 anos, que estaba ingresada no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, e tiña patoloxías previas.
A Xunta de Galicia habilitará un teléfono de atención ao cidadán para facilitar información e asesoramento legal aos propietarios que se vexan afectados pola ocupación das súas vivendas. Así a anunciou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que o seu departamento xa contactou co Consello da Avogacía Galega co fin de establecer un protocolo de colaboración que garanta aos cidadáns unha atención personalizada e con todas as garantías en casos deste tipo. Antes de participar nunha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia, un organismo dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para favorecer o intercambio de información e propostas neste eido, Vázquez Mejuto asegurou que a Xunta está moi preocupada polo fenómeno da ocupación ilegal e como se ten agudizado na Comunidade galega.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203, deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 3.960 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas, rexistrándose 749 falecementos. O número de PCR realizadas é de 492.648.
Galicia participa na Climate Change Leadership-Porto Summit 2018, a primeira conferencia internacional destas características que se celebra na cidade portuguesa e coa que se pretende estudar e poñer en común as posibles solucións existentes para combater o cambio climático desde diferentes ópticas.
Chegados de todos os recunchos de España, este luns chegaron a Santiago os primeiros trinta estudantes de primeiro de bacharelato que escolleron a Universidade compostelá para participar nos Campus Científicos de Verán que xa van pola súa novena edición. Logo foron recibidos na Residencia Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e polo coordinador dos campus científicos, Luís Hervella
Tras moitos meses debatendo sobre as bolsas de plástico, xa hai sobre a mesa un Real Decreto que obriga aos comercios para cobrar polas bolsas de plástico dun só uso a partir deste domingo, e que esixe a súa retirada do mercado a partir de 2021. A lexislación tamén inclúe a prohibición das bolsas de plástico oxodegradable en 2020. É un material que se divide en pequenas partículas de plástico en moi pouco tempo.
A Axencia Galega de Emerxencias ven de presentar a memoria de actividades desenvolvidas durante o ano 2017, que supuxo un incremento dun 7 por cento máis que no 2016, cunha media de 654 incidencias diarias, segundo fixeron público o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o xerente da Axega, Marcos Araujo.
Con 157.000 ouvintes, incrementa nun 16,3% a súa audiencia de luns a venres e lidera as madrugadas e as faixas do "Galicia por Diante" e do "Galicia en Goles" da fin de semana
El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) organiza, a través del Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), el primer seminario internacional de formación doctoral en España en el marco del proyecto europeo CHEurope (2017-2020), financiado por H2020 dentro del programa Marie Sklodowska-Curie Actions (ITN).
A Concellería de Xuventude de Ourense vén de presentar, no salón de plenos municipal, un evento que pode cambiar o curso da historia: trátase do Survival Zombie, un xogo aberto a toda a mocidade (a partir de 10 anos) de Ourense no que haberá que procurar o antídoto contra unha praga de mortos viventes. Na organización haberá máis dun cento de persoas, e cóntase coa complicidade do Campus de Ourense de rugbi e dos Olimpo e Uro, de airsoft.
A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura de Ourense presentaron no Museo Municipal a 6º edición de Danza no Claustro, que se desenvolverá no Claustro de San Francisco do 20 ao 22 de xuño. Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns.
A EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC ofrece 50 prazas de nova matrícula no primeiro curso do grao en Paisaxe, un título singular no Sistema Universitario Español e de carácter interuniversitario, que comezará a impartirse o vindeiro curso na EPS de Enxeñaría da USC, que será sede dos dous primeiros anos académicos dun grao, cuxo alumnado deberá completar os dous últimos cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Dentro das accións de implantación do 1º curso do novo Grao en Paisaxe que se impartirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (UDC) e na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), realizarase unha xornada de portas abertas o venres 15 de xuño na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Neste acto está prevista a presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.