Notas de prensa

A Radio Galega, emisora que máis medra en Galicia, segundo o Estudo Xeral de Medios

Con 157.000 ouvintes, incrementa nun 16,3% a súa audiencia de luns a venres e lidera as madrugadas e as faixas do "Galicia por Diante" e do "Galicia en Goles" da fin de semana

A Radio Galega (RG) é, dentro das grandes cadeas en Galicia, a que máis medra tanto en termos absolutos coma relativos, segundo a segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) correspondente os meses de abril e maio do presente ano. Con respecto á onda anterior, a Radio Galega medra en 17.000 novos ouvintes (de luns a domingo). Cómpre salientar que a emisora pública galega incrementa nun 16,3% a súa audiencia de luns a venres, pasando de 135.000 oíntes diarios a 157.000. Amais, é líder nas madrugadas, no "Galicia por Diante" e no "Galicia en Goles" da fin de semana.

Por outra parte, a Radio Galega Música acada unha audiencia de 19.000 ouvintes de luns a domingo, un dos valores máis altos da súa historia, so foi superada esa audiencia en dúas ocasións. Con respecto á primeira onda do EXM do ano o crecemento foi de 4.000 persoas, un incremento porcentual na audiencia cifrado no 26.67%.

Os datos do Estudo Xeral de Medios revelan ademais que a Radio Galega ten a audiencia máis fiel en Galicia. En concreto, o oínte da emisora pública pasa de media máis de dúas horas e media cada día conectado ás nosas ondas.

O "Galicia por Diante" incrementa en 57.000 oíntes a súa audiencia respecto ao último EXM ata alcanzar os 106.000 seguidores diarios. Este programa é lider na hora de arranque, ás 06.00 h., e no tramo de 11.00 a 12.00 h.. Este programa informativo e magazine alcanza os 64.000 oíntes no seu pico máis alto, entre as 11.00 e as 12.00 h. da mañá. A boa cifra de audiencia arrástrase durante toda a mañá, con 50.000 oíntes á "Sesión Vermú" de Xosé Manuel Piñeiro e 42.000 oíntes ao "Aquí Galicia", que dirixe Xusto López Carril. O "Diario Cultural" suma 3.000 oíntes.

A audiencia recoñece tamén a aposta pola información de proximidade da Radio Galega, converténdose os servizos informativos en referencia nas primeiras horas da mañá entre o luns e o sábado. Para consolidar este compromiso, a radio pública ampliará na próxima temporada o "Galicia Por Diante" durante a semana. "A Crónica das Dúas" e "A Crónica", con 10.000 oíntes cada xornada, volven converterse na referencia informativa do país nas franxas do mediodía, do serán e da noite.

O programa "A Tarde" capta cada tarde 16.000 oíntes de media, con máis seguimento nas dúas últimas horas, con picos de 10.000 oíntes. O "Convivir", programa de temática social dirixido por Clara de Saa, conta con 5.000 oíntes, segundo a última onda do EXM.

Nas madrugadas, o "Pensando en Ti" de Marcial Mouzo é o programa con máis share da Radio Galega. De feito, un de cada dous oíntes entre as dúas e as catro da madrugada en Galicia están conectados coa emisora pública.

Na fin de semana, consolídanse os programas especializados en agro e mar, "Ferrado e Medio" e "Mar de Ardora", con 8.000 e 16.000 oíntes respectivamente. "Lambóns Dixitais", o programa sobre novas tecnoloxías suma 21.000 oíntes e "Sala 5", sobre cine dirixido por Begoña Vázquez, 6.000. O magacine "Somos Quen", dirixido por María Xosé Rodríguez, suma 63.000 oíntes os sábados.

O porgrama "Galicia en Goles" marca un rexistro histórico ao alcanzar a cifra de 123.000 oíntes no programa do sábado, sendo líder absoluto de audiencia entre as 19.00 a as 23.00 horas. A diario, os tres espazos deportivos -14.30, 20.30 e 23.00 h.- soben en audiencia. Estes datos respaldan a aposta do equipo dirixido por Xoán Galán no que atinxe ao deporte galego.

A emisora musical dos medios públicos de Galicia puxo en marcha unha nova estratexia de programación o pasado 13 de febreiro, coincidindo co Día da Radio, baixo a coordinación de Moncho Lemos. Logo de medio ano, a audiencia incrementouse nun 26% de luns a domingo, ata alcanzar os 19.000 oíntes.

Segundo o EXM, a Radio Galega mantén a terceira posición en Galicia e cómpre salientar que está a reducir distancias en 12.000 persoas coa COPE, a segunda en Galicia, mantendo a SER o liderato.

CRTVG, 2018-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES