Notas de prensa

'Danza no Claustro' celebra a súa sexta edición en Ourense os días 20, 21 e 22 de xuño

A compañía internacional de Danza SóLODOS e a Concellaría de Cultura de Ourense presentaron no Museo Municipal a 6º edición de Danza no Claustro, que se desenvolverá no Claustro de San Francisco do 20 ao 22 de xuño. “Danza no Claustro é unha proposta escénica exclusiva, na que os artistas investigarán o propio espazo para facer unha proposta exclusiva no espazo co gallo de enxalzar a beleza do conxunto a través dos corpos dos bailaríns”.

Son palabras de Erick Jiménez, a metade de SóLODOS xunto a Maruxa Salas. En definitiva, un matrimonio perfecto de danza, cultura e arte”, afirmaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, durante a presentación.

A asistencia ás actividades é libre e gratuíta, e o público desenvolve un papel fundamental nas coreografías.

Os artistas desenvolven unha proposta escénica en conxunto, compartindo os seus coñecementos e experiencia nun espazo histórico e importante para a cidade de Ourense. Na súa 6º edición, a danza contemporánea traerá 16 artistas de Costa Rica, México e España coa seguinte programación:

20 de xuño 20.30h
Bocaracá. 60 min. Compañía de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 60'.

21 de xuño 20.30h
ON. Cía Exire / A Coruña. 10'.
Coreografía Ganadora de SóLODOS en Danza 2017 e Premio do Público.
Paloma. Compañía de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 15'.
One hit wonder. Carla Segovia e Guillermo Aguilar / México. 10'
Vacío. Otradanza / Elche. 20'

22 de xuño 20.30h
Geometría orgánica. Tejido Conectivo / Madrid. 10'.
Quiso hablar pero no pudo. Cía. de Cámara Danza UNA / Costa Rica. 10'.
Touché. Victoria P. Miranda / Bilbao. 12'.
Vacío. Otradanza / Elche.20'.

Concello de Ourense, 2018-06-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES