
A pesar destes avances, a normativa permite que as bolsas se substitúan por bolsas biodegradables, polo que a proposta segue afondando no modelo de usar e tirar. Con este Real Decreto non se limita a extracción de recursos naturais senón que se traslada o problema dun material a outro.
Ademais, non todas as bolsas biodegradables están compostas por materiais 100% orgánicos, algunhas seguen tendo porcentaxes de plástico procedente de petróleo na súa composición. Doutra banda, as bolsas compostables xeran problemas se acaban nos fluxos de reciclaxe do plástico convencional, reducindo a calidade do plástico reciclado.
Por este motivo, Amigos da Terra considera que se perdeu a oportunidade de promocionar a redución real de residuos, de apostar polas alternativas reutilizables e duradeiras, como as bolsas de tea, capazos ou carriños.
à súa vez, a organización ecoloxista sinala que a medida chega demasiado tarde e recalca a necesidade de poñer en marcha propostas para reducir a contaminación por plástico procedente de diferentes envases e produtos desbotables, pola gravidade do problema. As previsións elaboradas pola Fundación Ellen McArthur indican que, se non se cambia o modelo de consumo e xeración de residuos plásticos, en 2050 haberá máis plástico que peixes nos océanos.
”Levamos anos reclamando medidas efectivas para eliminar as bolsas de plástico dun só uso e outros produtos como pratos, vasos, cubertos, e reivindicando alternativas reutilizables. O real decreto de bolsas é un primeiro paso neste camiño, pero deberÃa ser máis ambicioso”, sinala MarÃa Durán, responsable de Recursos naturais e residuos de Amigos da Terra. Unha vez posta en marcha a medida de redución de bolsas de plástico é necesario empezar a traballar noutros produtos, tal e como expón a Unión Europea no borrador de Directiva de plástico dun só uso.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.