Notas de prensa

Galicia participa no Congreso Internacional de Cambio Climático que reúne en Porto aos maiores expertos mundiais na materia

Galicia participa na Climate Change Leadership-Porto Summit 2018, a primeira conferencia internacional destas características que se celebra na cidade portuguesa e coa que se pretende estudar e poñer en común as posibles solucións existentes para combater o cambio climático desde diferentes ópticas.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asiste en representación de Galicia a este encontro, no que xa está confirmada a participación de máis de 3.000 líderes empresariais e institucionais de todo o mundo interesados na materia.

Durante a xornada, analizaranse algunhas das solucións que están contribuíndo a frear os efectos do cambio climático e a xerar novos modelos de desenvolvemento económico baseados na sustentabilidade. Neste sentido, prestaráselle unha atención especial ao sector vitivinícola e ao seu compromiso actual coa economía verde e a preservación do medio ambiente, temas de gran importancia para Portugal e para Galicia, polo que a Xunta agarda poder extrapolar algunhas destas experiencias aos produtores de viño na comunidade.

Tamén será unha boa ocasión para coñecer medidas que poidan ser de aplicación na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 na que traballa a Xunta.

O Climate Change Leadership reúne hoxe en Porto a grandes referentes internacionais e ás máis prestixiosas autoridades do mundo en materia de cambio climático e desenvolvemento sustentable. Entre os relatores figuran Mohan Munasinghe, Nobel da Paz e ex vicepresidente do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC); Irina Bokova, ex directora xeral da Unesco; e o español Juan Verde, presidente da Advanced Leadership Foundation (ALF).

O prato forte da xornada será a intervención pola tarde do ex-presidente dos Estados Unidos, Barak Obama, que está a asumir un papel moi activo e reivindicativo na loita contra o cambio climático a nivel mundial e protagonizará en Porto unha conversa con Juan Verde na que reflexionarán sobre a importancia de mitigar este problema. De feito, Obama aproveitará a súa viaxe á península ibérica para participar tamén esta noite en Madrid no III Cumio de Economía Circular e Innovación.

Xunta de Galicia, 2018-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES