
As persoas participantes deberán ir pasando unha serie de obstáculos terroríficos en equipos de catro persoas, adiantaba a concelleira Sofía Godoy, na presentación. Trátase, en calquera caso, de pasar unha noite de terror e pasalo de medo, dixo.
A mocidade ten capacidade organizativa e de xestión para facer cousas interesantes por esta cidade, comentaba Alberto Núñez, de Xogón, organizador do evento. Pódese anotar calquera persoa con ganas de participar e de divertirse: recibirán un kit de supervivencia á súa chegada e haberá un grupo de voluntarios axudando a maquillar a todos os asistentes. No caso dos menores de idade, deberán achegar un documento asinado por un titor legal, e deberán estar sempre acompañados por unha persoa maior de idade no desenvolvemento dos xogos.
A autoría do cartel é, coma nas últimas ocasións, de Héctor Pérez Cortizo.
O evento comezará ás 19:30 horas, aínda que o parque Beiramiño estará preparado desde a mañá para o evento, e durará até pasada a media noite.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.