
Por iso, a responsable autonómica insistiu na necesidade de buscar unha solución rápida, eficaz e duradeira para o problema, garantindo unha maior seguridade xurídica para os propietarios e acabando con esa sensación de impunidade que teñen as persoas que usurpan unha vivenda allea.
Neste sentido, indicou que a Xunta, e concretamente o seu departamento, leva meses reclamando do Estado unha intervención decidida ao respecto, tendo en conta que é o Goberno central a administración competente para poder impulsar as reformas e novidades lexislativas necesarias para endurecer as penas e axilizar os procedementos de desaloxo.
De feito, lembrou que a mediados de setembro dirixiuse por carta ao delegado do Goberno en Galicia para pedirlle unha reunión na que abordar conxuntamente o problema das ocupacións ilegais, un encontro xa confirmado pola súa parte pero pendente aínda de data.
En todo caso, e tras insistir en que as competencias autonómicas nesta materia son moi limitadas, a conselleira avanzou que a Xunta traballa na actualidade co fin de impulsar dúas medidas que poderían contribuír e resultar de utilidade de cara á resolución do problema.
Así, ademais da posta en marcha dun teléfono de información xurídica ao cidadán, Vázquez Mejuto anunciou que hoxe tamén propoñerá ante o Observatorio a realización dun Mapa de vivendas ocupadas en Galicia, un traballo que será elaborado en colaboración cos Axentes da Propiedade inmobiliaria e Administradores de Fincas xa que, asegurou, eles teñen datos reais e de primeira man sobre estes supostos.
O obxectivo do futuro mapa será obter datos reais sobre o problema da ocupación na Comunidade galega, para o cal tamén se completará a información achegada polos axentes e administradores un colectivo profesional que, precisamente, se incorporaba hoxe ao pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia como novo membro- con datos procedentes do Ministerio do Interior e proporcionados pola Delegación do Goberno.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.