Actualidad de Economía

Noticias economia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe un informe encargado á Asesoría Xurídica da Xunta, para aclarar se o Goberno central, pese a estar en funcións, ten que cumprir coas súas obrigas co financiamento autonómico e facer efectivas ás entregas a conta deste ano. Alfonso Rueda avanzou que a conclusión do informe dos avogados da Xunta é clara e sinala que o sistema de financiamento autonómico “debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que estea ou non en funcións”.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 2% en taxa interanual no segundo trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 12.400 novos empregos asalariados a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico hoxe mostran que o PIB galego rexistrou no segundo trimestre un crecemento do 2% sobre o mesmo período de 2018, de xeito que acumula 23 trimestres consecutivos con taxas positivas. O crecemento trimestral –sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, polo que a economía galega acumula 26 trimestres consecutivos con taxas positivas.
A Comunidade Autónoma de Galicia solicita que o Ministerio de Facenda convoque “de xeito urxente e inmediato” o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), para solucionar os impagos que mantén o Goberno central coas administracións autonómicas, e que no caso de Galicia ascenden este ano a 700 millóns de euros. Galicia xa trasladou hai máis dun ano esta problemática á ministra de Facenda, e o Parlamento de Galicia –cun amplo consenso e ningún voto en contra– aprobou en xullo unha iniciativa para instar ao Goberno central a transferir estes recursos a Galicia.
132 empresas vanse beneficiar do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
Estas accións enmárcanse na aposta que a Xunta está realizando pola dixitalización empresarial a través do desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, á que destinará 350 millóns de euros ata 2022 co obxectivo de anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. Deste xeito, seguirase afondando no impulso á xeración dun novo tecido empresarial competitivo na economía global e conectada, facilitando ademais a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns de euros nos próximos catro anos.
Estas achegas teñen como finalidade desenvolver proxectos que dinamicen o rural galego, ben sexa a través de iniciativas de natureza produtiva, é dicir, que supoñan a realización dunha actividade económica, ou de carácter non produtivo, que sexan de interese público, social ou colectivo. Poden ser beneficiarios destas achegas calquera persoa ou entidade que solicitara dita subvención a través dun dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural que hai no territorio galego. Esta ampliación de crédito faise para poder dar resposta a un maior número de solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos establecidos pola orde.
Profesionais 4.0 é un programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O DOG publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP). A través desta liña de axudas dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.
Galicia lidera en España a caída do paro na evolución anual e o incremento das afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual en España. O paro continúa baixando en Galicia e as afiliacións crecendo na evolución anual e mensual. A Comunidade galega pechou o mes de xullo con 150.921 parados, a mellor cifra desde xullo de 2008, estando moi próxima á reflectida ao inicio da crise económica. Na evolución anual, o desemprego cae nun -7,64% (-12.491 persoas), baixando xa seis anos de xeito consecutivo, o que sitúa ao paro en Galicia en niveis inferiores aos de hai máis dunha década. Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en termos relativos e a cuarta en termos absolutos.
O custo laboral bruto en Galicia no ano 2018 representou o 90,04% da media española, o que supón o máximo nivel de converxencia de toda a serie histórica, segundo mostran os datos do Estudo sobre Salarios publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).As cifras do organismo estatístico da Comunidade Autónoma indican que, por primeira vez na historia, este indicador de converxencia superou en Galicia a barreira do 90% da media española. Ata agora, o nivel máximo de converxencia en custos laborais en Galicia co conxunto de España acadárase no ano 2017 (89,66%), pero nunca se conseguira superar o límite do 90%.
Galicia pechou o segundo trimestre do ano con menos paro, sendo a terceira Comunidade na que máis baixou o desemprego, tanto en termos absolutos como relativos. A taxa de paro, un 11,33%, é a máis baixa desde que comezou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, superando en 2,69 puntos á taxa media do Estado, que se sitúa no 14,02%. Rexístranse xa máis de cinco anos de baixadas de paro consecutivas na evolución anual con 34.600 parados menos que no segundo trimestre de 2008: a maior caída nun segundo trimestre desde 2005. Ademais, a caída experimentada en Galicia, do -19,77%, supera en 12,33 puntos á baixada media rexistrada en España.
| 56,3  de  386 | Siguiente »

Notas economia

O presidente da Xunta en funcións, logo da xuntanza co gobernador do Estado de Río de Janeiro (Brasil), informou de que esta posibilidade é unha boa porta para a reactivación do sector naval galego para que siga a ser un motor de inversión e emprego. Petrobras é a décima petroleira máis importante do mundo, polo que Brasil preséntase como unha oportunidade para Galicia.
“Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro”, dixo o portavoz nacional que transmitiu a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras do xornal “El País”.
A Xunta valora o paso adiante da UE para que Galicia siga recibindo axudas comunitarias máis alá de 2014. A Presidencia chipriota refrendou a demanda galega de manter unha axuda transitoria para as rexións que abandonan o Obxectivo Converxencia.
Galicia defende a importancia da dimensión rexional no deseño das futuras redes transeuropeas do transporte nunha reunión en Valencia da Comisión COTER do Comité das Rexións Europeo (CdR) xunto con representantes da Comisión Europea e da Presidencia Chipriota do Consello.
O presidente da Xunta asegura que Galicia “atende as súas facturas no entorno dos 45 días” e que o pagamento a provedores foi “un constante obxectivo” durante toda a lexislatura, e que priorizou aos autónomos, PEMES e entidades sociais.
Sostén que coa creación da Axencia hai un triplo exercicio por parte da administración pública: un exercicio de austeridade e de simplificación administrativa; un exercicio de especialización; e un exercicio de coordinación.
O consello da Xunta autorizou un acordo mediante o cal, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, e o Ministerio de Economía e Competitividade colaborarán na posta en marcha de actuacións estratéxicas no eido da I+D+i.
O titular da Xunta resalta que Galicia leva executado, xa, o 72% do total do seu Programa de endebedamento autorizado polo Ministerio de Facenda do Goberno central; “30 puntos máis que a media das comunidades”.
O conselleiro de Economía e Industria salienta no Salón Internacional do Automóbil de Hannover que os novos modelos Partner Galicia e Berlingo Galicia, fabricados en Citroën de Vigo, “supoñen un fito na promoción económica e turística internacional da comunidade”.
O presidente da Xunta presenta o Plan Estratéxico do Clúster Saúde de Galicia e asegura que o esforzo de profesionais, cidadáns, institucións e empresas permite mellorar a eficacia da sanidade galega en tempos de crise, sen reducir a calidade dos servizos.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES