Notas de prensa

Feijóo di que armadores brasileiros poderían explorar vías para reparar buques en estaleiros galegos

O presidente da Xunta en funcións concreta a posibilidade de que unha delegación de armadores brasileiros visite os estaleiros galegos: “Unha visita para coñecer in situ as capacidades dos estaleiros galegos e as posibilidades de coordinar distintos encargos, distintas posibilidades contractuais entre estaleiros de Brasil e os estaleiros de Galicia”.

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na súa viaxe a Brasil, a intención de armadores brasileiros de explorar vías para a reparación de buques nos estaleiros galegos.

Así mesmo, e tras a reunión co secretario de Desenvolvemento Económico, Enerxía, Industria e Servizos do Goberno de Río de Janeiro, Julio César Carmo Bueno, Feijóo concretou a posibilidade de que unha delegación de armadores brasileiros visite os estaleiros galegos. “Unha visita para coñecer in situ as capacidades dos estaleiros galegos e as posibilidades de coordinar distintos encargos, distintas posibilidades contractuais entre estaleiros de Brasil e os estaleiros de Galicia”.

“Estamos moi interesados en recibir aos armadores brasileiros. Unha vez que cheguemos a Galicia -precisou- concretaremos unha posible axenda para que os armadores brasileiros, a Xunta e os estaleiros galegos poidan dar a coñecer as necesidades e as potencialidades que ten Galicia de colaboración cos armadores brasileiros, que necesitan construír barcos nun tempo real, é dicir, nun tempo de entrega dado que os xacementos petrolíferos están detectados e o que se necesita é iniciar a explotación efectiva”.

Deste xeito, e a modo de balance, Feijóo incidiu en que, neste momento, “temos dúas vías de negocio iniciadas: unha vía de reparación de barcos que nos interesa moitísimo dado que iso supón carga de traballo; e, tamén, unha delegación de armadores brasileiros, que poderán visitar Galicia para coñecer exactamente a capacidade instalada nos estaleiros galegos”.

O titular do Goberno galego resaltou que esas dúas vías foron o obxectivo central desta xornada, se ben lembrou que aínda quedan varias reunións para completar a axenda. E, neste senso, adiantou a xuntanza que manterá con Petrobras, unha das principais petroleiras do mundo.

Co descubrimento do xacemento petrolífero pre-sal, Feijóo subliñou que Brasil, con Petrobras, vaise converter no terceiro ou cuarto país de produción de petróleo do mundo. “Petrobras ten unhas enormes necesidades de contratación de barcos e imos centrar a xornada de mañá, fundamentalmente, nesa oportunidade”.

Feijóo aseverou que os estaleiros galegos teñen capacidade para responder de forma inmediata, de poñerse de acordo no contido e no prezo dos contratos, poderíamos empezar a construción de forma inmediata. “Acabamos de firmar un contrato moi importante con Pemex duns 300 millóns de dólares e aínda nos quedan algunhas outras posibilidades de embarcacións, tamén, con Pemex, pero temos potencia e capacidade instalada aínda ociosa en Galicia, tanto nos estaleiros privados como no estaleiro público Navantia”, sentenciou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES